FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de maio de 2017

VETERANOS DE CABANA 1 - VETERANOS DE MALPICA 0 (ACABOUSE A TEMPORADA)

Mañán con un amanecer de temperatura nublada e suave, uns quince graos que foron en aumento, para a práctica do fútbol. Hoxe acabamos a tempada, xa que con este resultado non seguimos na Copa de Veteranos.

 Veteranos de Malpica: Bugallo; Chucho, Leo, Cani, José; Luis, Mutio, Alberto de Carballo, Joshua, Javi; Arcay. Tamén xogaron, Abel, Bernardo e Pedro.

















Na primeira mitade poucos achegamentos a portería contraria. Pudemos adiantarnos nós cando no min. 12, nun balón que mandaron pola banda esquerda cara a posición de Arcay, quere sair a despexar Mato e o noso dianteiro chegou antes, mandándolle o balón por debaixo das pernas. A sorte cabanesa foi que o balón rozou a perna do porteiro e quedou freado, porque pudo supoñer o gol. Pero non o foi e dous minutos despois marcaron eles por medio de Diego, que arrancou en claro fora de xogo (recoñecido polo propio xogador) sin que Isidro pitara nada, consigue rebasar a Bugallo pola esquerda e mandar o balón ó fondo das redes. A partires de ahí, eles adicaronse a controlar o xogo e mandar balóns largos cara Marcos Andrade nos que sempre gañaban a acción Cani e Leo. E nós buscábamos a Javi, moi activo, e Arcay pero non conseguimos empatar nun par de tiros con perigro, un deles nun pase a dereita cara Abel ó que lle faltou moi pouco para empalmar o balón en condicións. 














A segunda mitade foi de mais dominio noso. Arcay fixou mais a sua posición no campo no eixo central do ataque e notóuse, porque xa os centrais non podían axudar ó laterais e Bernardo mais Javi chegaban mais soltos polas bandas. Botamos moitos corners nos que Mato fixo ben o seu papel. E tivemos un par de ocasións, unha de Bernardo que rematou un centro desde a dereita xunto ó pao esquerdo e que petou nas costas da defensa con Mato batido, mais outra de Arcay que, en posicición franca con un balón recollido preto do punto de penalti, tirou forte pero centrado a posición de Mato, cando con sólo dirixir o balón cara un lado da portería ou cara o outro podería lograr o gol. 

(Foto sacada por Modesto Parga, do Comité da Liga de Veteranos)

Eles tiveron unha moi boa en xogada cara Diego, que driblou a saida de Bugallo e, cando pensabamos nun segundo gol, tirou pero estaba moi escorado e o balón petou no pao dereito da portería.

Pero donde estivo a polémica foi cando, faltando uns vinte minutos, un balón desde o lado esquerdo do mediocampo chegou a Javi no interior dereito, que arrancaba sólo cara porta e Isidro non había pitado nada. Pero foi levantarse todo o banquillo do Cabana, pedir fora de xogo cos brazos en alto, e Isidro pitou fora de xogo. As nosas protestas non valeron de nada, Javi estaba desquiciado porque decía que non estaba para nada en fora de xogo. E Isidro, para compensar, pitoulle fora de xogo uns minutos mais tarde a Diego nunha arrancada só cara porta, donde tampouco o había. Este detalle, mais unha xogada donde Marcos Andrade saltou con Cani poñendo o cóbado, dándolle ó noso defensa e abrindolle o pómulo, sin que Isidro quixera tampouco ver nada, terminou de encresparnos e deixarnos moi cabreados. 

É evidente que non nos importa para nada que nos pite Isidro, incluso preferímolo a moitos outros. Pero non contra o Cabana (ou Ponteceso), donde Isidro xogou. O comité non o debía poñer con eses equipos. É como si puxese a Pichu, unha vez que se retirara, nos partidos do Corcoesto. Isidro sabe arbitrar ben, pero hoxe, con sólo un par de xogadas, foi determinante no resultado por moito que a xente de Cabana non o queira ver así. Na nosa xogada anulada pitou medo e sabémolo todos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario