FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de maio de 2017

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE CABANA 0 (EMPEZOU A COPA)

Mañán perfecta para xogar ó fútbol, con unha temperatura agradable. Empezamos a xogar a copa contra os Veteranos de Cabana, que acabou na liga en segunda posición e voltará a xogar para a tempada que ven na Primeira División de Veteranos, motivo polo que lle damos a mais cordial noraboa, así como ó merecido campeón Corcoesto.

 Veteranos de Malpica: Bugallo; Luis, Cani, Chucho, José Regueira; Pedro, Mutio, Alberto de Barizo, Joshua, Wash; Arcay. Tamén xogaron Alberto de Carballo (reaparecido despois de unha importante lesión), Bernardo e Leo.














Os dous equipos xogaron con un respeto mutuo, sabedores de que as eliminatorias de copa duran polo menos 180 minutos. Nós demostramos que queríamos acabar ca nosa portería a cero e todo o equipo batiuse para controlar a perigrosa xente do Cabana. Houbo varios homes que se multiplicaron durante todo o partido (Cani, José Regueira, Joshua, Alberto de Carballo,...), pero en xeral, todo o equipo deu un moi bo rendemento.

Na primeira mitade sólo houbo duas especiais circunstancias que puderon cambiar o choque a favor dos nosos rivais. Na primeira delas chegou unha das xogadas mais deportivas que houbo nesta liga. Un xogador cabanés chocou sin querer con Alberto de Barizo e caeu con moito estrépito ó chan. Mentras o balón seguiu e foi despexado de cabeza por Chucho cara a posición donde fora a xogada anterior. Alberto percátouse de que o rival estaba con moito dor e pensou que había desfeito a clavícula. Nun movemento instintivo, cando o balón pasa polo seu lado, bótoulle a man e mandouno fora. Todo iso dentro da área. Claro, cómo o árbitro non había parado a xogada, non tivo mais remedio que pitar penalti. E ahí mostrouse a grandeza deste deporte, xa que os de Cabana viran todo o que acontecera. Ao punto de penalti dirixiuse o número 22, Marcos Andrade, e mansamente tirou o balón fora.

A segunda das ocasións cabanesas estivo no pé de Michel, que lanzou unha falta con moitísima intención, botando o balón a dereita de Bugallo, que fixo unha gran parada. Os nosos ataques morrían moi lonxe da portería defendida por Mato, por parte de un voluntarioso Arcay.























Na segunda parte mais do mesmo. Houbo unha grande ocasión por equipo. Na primeira delas, un balón rechazado en longo por Mato chegou a pés de Leo, que mandou un balón alto que se iba a escadra esquerda, pero Mato (xogándose o físico, pois chocou co poste) conseguiu desviar a córner. Por parte Cabanesa, David recibiu un pase entre líneas e queda só diante de Bugallo, mandándolle o balón pegado ó corpo a sua dereita. Brilou o noso porteiro que se tirou axilmente e conseguiu atallar o gol que xa se cantaba. Final e as espadas en alto para o encontro de volta en Cabana, que vai a ser moi duro.

Arbitrou Grañas. Non o coñecíamos, pero causou boa impresión. Arbitraxe seria e calada, aguantando todo o que lle pudésemos decir. Só mostrou duas tarxetas no partido, por outro lado lóxicas xa que o xogo foi bastante limpo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario