FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de setembro de 2018

AMIGABLE : VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS CORCOESTO 4

Día con bastante calor, ainda que non foi tan sofocante como no amigable do domingo pasado. 

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Chaves, Alberto de Carballo, Alberto Choiva, Luis Naya; Joshua, Alberto de Barizo, Mutio, Leo; Arcay e Palermo. Despois xogaron tamén Abel e Pedro.  

Pouca xente no noso grupo, tendo en conta que superamos as vinte fichas. Pero o carácter amigable da contenda, así como tamén contando con algunha xente lesionada, fixo que andivésemos con problemas. E mais despois do descanso, xa que se resultaron tocados dous dos que estaban e, consecuentemente, xogamos unha media hora con once xustos. Enfrente, os nosos rivais tiñan menos problemas, xa que tiñan catro ou cinco cambios. Debutou na portería do Corcoesto o noso ex-goleador Nacho.





Na primeira parte o xogo foi rápido, vistoso e con moita movilidade. Os dous conxuntos contaban con xente con calidade arriba para definir. E os goles chegaron axiña. No min. 4 marcaron eles o 0-1. Un malentendido de Alberto de Seaia con Suso Malpica, deixou o balón franco ós pés de Pablo, que soamente tivo que empurrar o balón. E tres minutos despois empatamos nós, nunha brilante asistencia de Palermo cara o oco entre centrais, donde se situou Arcay para, hábilmente, levantar o balón diante da saida de Nacho.

Antes do cuarto de hora chegou o 1-2. Richard recolleu un balón na esquerda, fixo a parede con un compañeiro e adentrouse na área, tirando e batendo a Suso por baixo. De ahí ó descanso, varias ocasións dos dous equipos, destacando pola nosa parte, un man a man de Palermo con Nacho, que conseguiu frear o balón antes de que entrara. E outro tiro de Joshua que saiu a rentes do pao dereito. Eles tiveron a mais importante nun lanzamento ó longueiro. Pero non houbo mais goles, grazas a destacada labor de ambos porteiros. 












A segunda parte foi do Corcoesto, tamén grazas a comentada ausencia dos lesionados. Prantexamos logo un partido ó contragolpe, pero pouco puderon facer Arcay e Palermo pola boa labor dos dous centrais. E eles seguían co xogo vivo, sin fisuras. Marcaron dous goles mais no min. 51, por medio de Dani, e no min. 61, por medio de Pichu. Con nós desexando que acabase xa o partido.

Boa labor, ainda que non lle chegamos a complicar o amigable, a do colexiado da federación Iván Ferreiro. Que siga sendo así toda a liga que vai a comenzar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario