FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de setembro de 2018

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE MAZARICOS 1



Partido xogado con boas condicións metereolóxicas, nublado e sin vento. Enfrente tivemos á un dos novos equipos da nosa liga, o Mazaricos, con bastantes xogadores que, non fai tanto tempo, xogaron na Liga da Costa como Pumuky, Martín Baiñas, Pedro Pichín, Nakata, Casais,...O resultado pode considerarse xusto, ainda que calquera dos dous equipos pudo habelo desequilibrado.

Veteranos de Malpica: Carlos; Chaves, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva ; Leo, Alberto de Barizo, Mutio, Luis; Joshua e Palermo. Despois xogaron Pedro, Miguel, Abel e Wash.
Andivemos un pouquiño pillados polas ausencias no día de hoxe.




Na primeira parte, o Mazaricos saiu moi decidido ó ataque. E pasaron quince minutos en donde nos puxeron en bastantes apretos, con un tiro ó traveseiro e duas escapadas que non foron gol por moi pouco. A partires de ahí, sacudímonos o dominio e o xogo foi alterno. 

Marcamos prácticamente na primeira ocasión de gol que tivemos. No min. 21,  Mutio sacou un córner e conseguiu un gol olímpico. Gol que, evidentemente, non facía xustiza ó que se vira ata ese momento. Incluso tivemos outra ocasión mais nunha falta sacada por Alberto de Barizo que sacou brilantemente con unha man o porteiro rival, preto do longueiro. Con moita brega en todo o mediocampo, chegouse ó descanso.


Na continuación parouse bastante o xogo. Os xogadores rivais acusaron bastante as dimensións de Pedra Queimada e nós contemporarizabamos o balón, sin grandes agobios. Tivemos unha ocasión moi boa para matar o partido nun contragolpe que levou moi decidido Palermo. Ó adentrarse na área grande, fixo dous quiebros para zafarse dos centrais e tocou diante da saida do meta. O balón tocou na espuela do porteiro e ralentizouse, conseguindo chegar outro defensa que despexou baixo paos.

Perdoamos e acabamos pagando. No min. 76, un córner botado produce unha melé na área pequena, Alberto de Carballo saca o balón entre varios xogadores, mais é  golpeado por unha perna rival, e o rexeite do balón é fusilado por Cabarcos a rede, facendo o resultado final. O árbitro non atendeu as nosas queixas.

Tivemos outras duas ocasións para desnivelar a contenda. Na primeira  delas, Mutio recibe un centro bombeado desde o mediocampo e, sin deixar caer o balón, empalmou unha volea que saiu alta. Na segunda, o balón centrado desde a dereita da área grande foi rematado de cabeza en boa posición por Joshua, pero saiu desviado. Eles tiveron unha falta lanzada á esquerda de Carlos, pero o noso porteiro hoxe fixo un brilante despexe. 

Arbitrou David Cancela. Moi ben. Tivo que lidiar cos mazaricáns do banquillo en un par de xogadas porque entendiu perfectamente que isto era un partido de veteranos. E con nós tamén o tivo que facer no gol que encaixamos, ó non considerar que houbera falta. Pero soubo dirixir impecablemente.  Sólo mostrou unha amarela, ainda que pudo haber mostrado algunha mais a calquera dos dous equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario