FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de abril de 2019

PROMOCIÓN DE ASCENSO : VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE SOFÁN 2



Tempo moi agradable para xogar, tampouco moi cálido. Por segunda vez os sofanistas grabaron o partido en video (pódese ver con só premer neste enlace).

Veteranos de Malpica : Chaves; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Luis, Alberto de Barizo, Leo, Alberto Choiva ; Mutio e Arcay. Despois xogarían tamén Pedro, Abel, Wash e Fernando.

Xa eramos poucos o domingo pasado contra este mesmo equipo e, ainda que recuperamos a Alberto de Barizo, Leo, Nando, Pedro e Suso Zas, perdemos a Javi Mato e tamén ó noso goleador Palermo. Demasiadas facilidades. Polo que dispuxémonos a capear o temporal. O noso rival, unha vez que logrou os dous goles cos que chegou ó descanso,  adicou a segunda mitade a controlar o xogo. O seu xogador mais resolutivo foi o número 5, Jose A. Fieira Rey, que apareciu casi que en toda-las xogadas de ataque.










Xogadas mais relevantes da primeira parte :

Min. 16: Sacou rápidamente un córner Jose A. Fieira sobre J. Luis, na parte dereita da área grande. O seu tiro saiu desviado.
Min. 19: Balón en longo cara os nosos atacantes. Mutio, en posición correcta, marchaba só cara porta. Mais apareceu Arcay, que sí podía estar en fora de xogo, finalmente pitado.
Min. 25: Sacou un córner desde a dereita Jose A. Fieira e o balón tocou na parte de arriba do traveseiro, saindo fora.
Min. 27: Balón a espaldas da nosa defensa cara a posición de Carlos. Saiu Chaves e logrou desbaratar.
Min. 35: Suso Docampo fíxose co balón en boa posición para tirar, pero fíxoo as mans de Chaves.
Min. 37 (0-1): Agora foi Jose A. Fieira o que se fixo co balón, recortou diante da entrada de Suso Zas, e tirou por entre as pernas do defensa, batindo a Chaves por baixo.
Min. 44 : Arcay conseguiu levarse o balón pero o seu tiro saiu desviado.
Min. 45 (0-2) : Jose A. Fieira pillou un balón a altura de tres cuartos de campo e tirou unha gran parábola que sorprendeu a Chaves.





Oportunidades mais relevantes da segunda parte :

Min. 55 :  Jose A. Fieira colgou un balón desde o córner e foi bater na parte de arriba do traveseiro, voltando ao campo e sendo despexado sin consecuencias.
Min. 70 : Balón en largo que chegou a Jose A. Fieira que, vendo a posición adiantada de Chaves, elevou o balón, e parecía que iba a ser gol claro, pero o balón deu primeiro no poste dereito, despois no traveseiro e voltou ao campo.
Min. 72 : Os sofanistas presionaron a saida de balón de Alberto Choiva, Jose A. Fieira fíxose con él, adentróuse na área e tirou, desviando co pé Chaves a córner.
Min. 83: Mutio sacou unha falta directa. O balón saiu un pouco alto.
Min. 84 : Carlos penetrou na área, elevando o balón diante de Chaves, saindo desviado.
Min. 87 : José perde o balón pola presión de Jose Manuel, chegando Pedro ao rescate, cando xa o sofanista iba marchar só cara portería.
Min. 89 : Escapada de Javier, chegou a liña de fondo e deu o pase da morte a Carlos, que conectou un tiro frouxo, que detivo Chaves.


Arbitrou D. Oscar Rey. Non foi determinante no resultado, porque prácticamente estaba todo claro. Pero non nos gustou que os únicos dous cartóns que amosou fora a xogadores nosos que o única que estaban era a queixarse de entradas recibidas. Non nos parece de recibo que o que se castigue sexan as queixas e non as entradas a destempo, que has houbo.












E para acabar, non había mellor forma que os dous equipos na taberna donde nos atendeu formidablemente Insua e degustamos todos uns callos preparados polo noso mister. Brillante colofón a nosa liga. Agora tocanos esperar un par de semanas a seguinte fase da Copa. Boa sorte a Sofán e Corme na procura da praza de ascenso que falta por determinar. Que gañe o mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario