Malpica 0 - Arasolis 7 (15/09/19): Bo tempo para xogar en Pedra Queimada. Poucos efectivos en ámbolos equipos, o que en principio favorecía ó equipo contrario, dado que a idade media deles era moito mais baixa.
Dp. Carballo 1 - Malpica 0 (22/09/19): Bo tempo para xogar en Sofán. Acudimos en xusto número, tendo soamente para cambios ós mais vellos. Volveron ó noso equipo Arcay e Javi Bermejo. Eles tiñan bastantes mais cambios, debutando nas súas filas o noso ex-xogador Joshua (e facendo tamén de capitán).
Malpica 1 - Bertoa 0 (20/10/19): Mañá con tempo cambiante. Por momentos luciu o sol mais tamén caeu a media hora de xogo unha grande e breve treboada que empapou a todos os actores do xogo. Numerosas baixas e bastantes significativas. A nós faltaronos Alberto de Barizo, Carlos, Javi Bermejo, Leo, Palermo e Suso Malpica. Eles, de vintasete fichas que dispoñen, eran hoxe doce, teñen moita xente lesionada.
Leiloio 3 - Malpica 1 (27/10/19); Os rivais tamén contaban con varios cambios na bancada. O tempo decente para a práctica do fútbol.
Malpica 1 - Corme 3 (10/11/19): Mal tempo para xogar na Pedra Queimada, con chuvia persistente que non daba descanso. Os dous equipos con varios cambios na bancada e moitas ganas, o cal deu luar a que o partido fose intenso. No noso equipo faltaron Mutio (por sanción), Suso Malpica e Leo, obrigando con isto ó míster a recompoñer liñas ademais dos lesionados Carlos e Pedro. Palermo probouse da lesión e xogou uns minutos pero aínda non está listo.
Malpica 1 - Xornes 0 (17/11/19): Non se especifica que tempo facía. Eles reforzáronse ben e teñen un equipo mais físico e intenso que amosaran na pretemporada.
Malpica 0 - Fisterra 1 (24/11/19): Mal tempo para xogar na Pedra Queimada, aínda que non choveu moito. Tivemos varios cambios na bancada, mentres que o rival chegou con once homes xustos, convertíndose en dez durante a maior parte da primeira mitade debido a unha lesión de un deles, que retornou coxeando ó campo na segunda.
Soandres 1 - Malpica 2 (01/12/19): Tempo frío pero decente para a práctica de fútbol. Presentamos dezaseis xogadores para o choque mentres que o rival tivo catorce (aínda que ó primeiro eran once xustos).
Malpica 0- A Piña 3 (15/12/19): O tempo respectounos en Pedra Queimada, máxime vendo a cantidade de auga que caeu o día anterior. Como curiosidade, dicir que o campo apareceu nunha metade pintado para a práctica do fútbol-7, esperemos que despois fagan o mesmo ca outra metade.Non tivemos hoxe a Suso Malpica e Suso Zas, como ausencias destacadas. Pero hai que dicir que os seus substitutos, Carlos e Leo, foron do mellor do noso equipo.
Nantón 1 - Malpica 2 (22/12/19); Increíble o do tempo. Fumos a Nantón e polo camiño íbamos pensando: "vainos caer unha chea de auga e non vamos poder xogar ademais polo vento". Bueno, pois vento si que houbo bastante pero non choveu nin gota ata que nos metemos finalmente no vestiario e caeu un augaceiro dos gordos. Os de Nantón tiñan menos efectivos, só dispuxeron durante o partido de trece efectivos.
Dp. Carballo 1 - Malpica 0 (22/09/19): Bo tempo para xogar en Sofán. Acudimos en xusto número, tendo soamente para cambios ós mais vellos. Volveron ó noso equipo Arcay e Javi Bermejo. Eles tiñan bastantes mais cambios, debutando nas súas filas o noso ex-xogador Joshua (e facendo tamén de capitán).
Malpica 4 - S. Ramón 1 (29/09/19): Orballou toda a mañá, aínda que a temperatura en Pedra Queimada era suave. Nós hoxe presentámonos con catorce efectivos de vinte que somos, ca novidade de Richard e Nacho nas nosas filas. Ós nosos rivais volveu a pasarlle coma no amigable de pretemporada, viñeron quince (co incombustible Rizos ó fronte) pero é que son vintaseis fichas.
Buño 1 - Malpica 6 (06/10/19): Boa temperatura para xogar en Xaviña. Nós recuperamos casi que a todos os efectivos, pudendo presentar un once de gala, mentres que os nosos rivais, aínda que tiveron bastantes cambios, non puideron alinear, entre outros, a Diego na defensa mais o seu goleador Victor só puido chegar no descanso e, para mágoa del, tivo un pinchazo e non puido estar moito sobre o campo.
Malpica 4 - Oza 2 (13/10/19): Mal tempo para xogar en Pedra Queimada. Ainda que a chuvia non foi moi abundante, sí que había regado o campo antes do partido, o cual sempre é bó para evitar lesións. Nós eramos neste partido dezasete efectivos por un menos dos rivais.Malpica 1 - Bertoa 0 (20/10/19): Mañá con tempo cambiante. Por momentos luciu o sol mais tamén caeu a media hora de xogo unha grande e breve treboada que empapou a todos os actores do xogo. Numerosas baixas e bastantes significativas. A nós faltaronos Alberto de Barizo, Carlos, Javi Bermejo, Leo, Palermo e Suso Malpica. Eles, de vintasete fichas que dispoñen, eran hoxe doce, teñen moita xente lesionada.
Leiloio 3 - Malpica 1 (27/10/19); Os rivais tamén contaban con varios cambios na bancada. O tempo decente para a práctica do fútbol.
Malpica 1 - Corme 3 (10/11/19): Mal tempo para xogar na Pedra Queimada, con chuvia persistente que non daba descanso. Os dous equipos con varios cambios na bancada e moitas ganas, o cal deu luar a que o partido fose intenso. No noso equipo faltaron Mutio (por sanción), Suso Malpica e Leo, obrigando con isto ó míster a recompoñer liñas ademais dos lesionados Carlos e Pedro. Palermo probouse da lesión e xogou uns minutos pero aínda non está listo.
Malpica 1 - Xornes 0 (17/11/19): Non se especifica que tempo facía. Eles reforzáronse ben e teñen un equipo mais físico e intenso que amosaran na pretemporada.
Malpica 0 - Fisterra 1 (24/11/19): Mal tempo para xogar na Pedra Queimada, aínda que non choveu moito. Tivemos varios cambios na bancada, mentres que o rival chegou con once homes xustos, convertíndose en dez durante a maior parte da primeira mitade debido a unha lesión de un deles, que retornou coxeando ó campo na segunda.
Soandres 1 - Malpica 2 (01/12/19): Tempo frío pero decente para a práctica de fútbol. Presentamos dezaseis xogadores para o choque mentres que o rival tivo catorce (aínda que ó primeiro eran once xustos).
Malpica 0- A Piña 3 (15/12/19): O tempo respectounos en Pedra Queimada, máxime vendo a cantidade de auga que caeu o día anterior. Como curiosidade, dicir que o campo apareceu nunha metade pintado para a práctica do fútbol-7, esperemos que despois fagan o mesmo ca outra metade.Non tivemos hoxe a Suso Malpica e Suso Zas, como ausencias destacadas. Pero hai que dicir que os seus substitutos, Carlos e Leo, foron do mellor do noso equipo.
Nantón 1 - Malpica 2 (22/12/19); Increíble o do tempo. Fumos a Nantón e polo camiño íbamos pensando: "vainos caer unha chea de auga e non vamos poder xogar ademais polo vento". Bueno, pois vento si que houbo bastante pero non choveu nin gota ata que nos metemos finalmente no vestiario e caeu un augaceiro dos gordos. Os de Nantón tiñan menos efectivos, só dispuxeron durante o partido de trece efectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario