FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de febreiro de 2022

VETERANOS DE SOFÁN 0 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 12)

Contrariamente ao que pensábamos que iba a ser, non choveu en Sofán. E a temperatura era agradable.
Goles:
0-1 (Min. 24) : Joshua
0-2 (Min. 47): Palermo
0-3 (Min. 57) : Palermo
Partido dominado polos Veteranos de Malpica. Joshua, aparte de meter o primeiro gol, xa tivo antes dúas ocasións moi boas, na primeira das cales o balón petou no traveseiro (no que sería un gran gol) e a siguinte foi repelida con moitísimo acerto por Añón.

domingo, 20 de febreiro de 2022

VETERANOS DE FISTERRA 0 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 11)

Bo tempo para xogar ao fútbol no Arasolis. Incluso donde non chegaba o sol directo, facia boa temperatura. Antes de empezar gardouse un minuto de silencio pola memoria do finado compañeiro Angel Galán Brioso e as víctimas do barco pesqueiro "Villa de Pitanxo".
Goles:0-1 (Min. 58) : Joshua // 0-2 (Min. 81): Palermo.
A pesares de non poder dispoñer de toda a dianteira habitual dos Veteranos de Malpica (Gurita, Nacho, Arcay e Palermo), ao final non saiu a cousa tan mal. Eso sí, non tiramos mais que tres veces entre os tres paus, co cal a efectividade foi casi total. Nacho tivo que poñerse baixo paus e foi unha garantía para deixar a portería a cero. O partido foi moi reñido e o Fisterra non xustificou para nada a sua situación na taboa clasificatoria.

domingo, 13 de febreiro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE SOANDRES 1 (XORNADA 10)

Mal tempo para xogar en Pedra Queimada. A anacos aparecía unha chuvia persistente que molestaba bastante aos xogadores. E tamén vento.
Goles:
1-0 (Min.12): Nacho
2-0 (Min. 56): Nacho.
3-0 (Min. 76): Gurita.
Partido moi disputado. O rival non se deu por vencido nunca, a pesares de que no min. 76 o marcador reflexaba un cómodo 3-0 ó noso favor, merced ó acerto dos nosos dianteiros.
Arbitrou D. Daniel Martínez Ferreiro. Non quixo amosar cartóns. Ocasións houbo algunhas para eso. Mais apenas cortou o xogo. Pasou bastante desapercibido.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A nota tristísima do día aconteceu no Cairo. No partido de veteranos Corme-Fisterra morreu de infarto o noso compañeiro Angel Galán Brioso, dos Veteranos de Corme. A pesares de múltiples esforzos, nada puderon facer por salvarlle a vida. As nosas condelancias a súa familia, amigos, compañeiros e toda a xente do Corme. DEP.