FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de febreiro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE SOANDRES 1 (XORNADA 10)

Mal tempo para xogar en Pedra Queimada. A anacos aparecía unha chuvia persistente que molestaba bastante aos xogadores. E tamén vento.
Goles:
1-0 (Min.12): Nacho
2-0 (Min. 56): Nacho.
3-0 (Min. 76): Gurita.
Partido moi disputado. O rival non se deu por vencido nunca, a pesares de que no min. 76 o marcador reflexaba un cómodo 3-0 ó noso favor, merced ó acerto dos nosos dianteiros.
Arbitrou D. Daniel Martínez Ferreiro. Non quixo amosar cartóns. Ocasións houbo algunhas para eso. Mais apenas cortou o xogo. Pasou bastante desapercibido.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A nota tristísima do día aconteceu no Cairo. No partido de veteranos Corme-Fisterra morreu de infarto o noso compañeiro Angel Galán Brioso, dos Veteranos de Corme. A pesares de múltiples esforzos, nada puderon facer por salvarlle a vida. As nosas condelancias a súa familia, amigos, compañeiros e toda a xente do Corme. DEP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario