FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de novembro de 2024

VETERANOS DP. CARBALLO 0 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 6)

Apareceu a choiva nos nosos partidos desta temporada. Foi pouco tempo na segunda mitade, un chubasco, pero intenso.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Fenosa, Diego, Dieguito; Mutio, Casqueiro, Álex; Lema, Nando e Richard. Xogarían tamén despois Carlos, Chaves, Leo, Luis, Marco, Milli, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
0-1 (min. 5): Nacho. 0-2 (min. 20): Nacho. 0-3 (min. 26): Nacho.
0-4 (min. 55): Casqueiro.
................................................................................................................................................................................
Un triplete de Nacho na primeira media hora fixo que tivésemos un partido moi cómodo e difícil para o rival. Prácticamente unha efectividade cento por cento. Eso fixo que nos relaxásemos e o ritmo do partido decaeu. Nin eles tiñan achegamentos a nosa portería nin nós fixemos nada que tivese mérito.
Na segunda mitade mais do mesmo. O único que acertou a meter gol foi Casqueiro. Pero o ritmo seguía decaido. Eles pasaron a xogar con dez por expulsión de Rubén Fernández mais nós, nin así, deixamos pasar os minutos sin tentar facer mais goles.
..............................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Bruno Méndez Castro. Dous partidos diferentes. Ata o min. 78 fixo unha arbitraxe normal, non soubemos del. Pero no min. 78 todo se veu abaixo. Unha falta que non pitou sobre Rubén Fernández fixo que éste reclamara. O que creemos que oímos por parte do xogador foi : isto é increible (o de que non pitara falta sobre él). Bueno, cando esperábamos cartón amarelo, amosou o bermello. Según a acta por "dirigirse a mí en los siguientes términos, de forma burlesca y con ánimo de mofa: !Eres increible¡". A continuación amosou outro cartón bermello a Vilar no banquillo por rebotarse e berrar. O escándalo estaba feito e o partido descontrolado. Parte do Dp. Carballo estaba por marchar do campo pero o sentido común impúxose. Demasiado follón para un partido limpo (ata ese momento houbera en todo o partido tres patadas leves).

Ningún comentario:

Publicar un comentario