



Por primeira vez vou a dar a alineación do equipo inicial: TINO-CHUCHO-ALBERTO-WJ/FERNANDO-LANCHA-GUILLERMO-DOURADO-CASTRIÑO-RAMÓN ANGEL-ESMORIS (CON MARTUXA DE ENTRENADOR). Despois viñeron Fino,Carlos e Saleiro que se trabucaron e foron a parar a Ponte do Porto.Boa parte dos outros teñen a sua ausencia plenamente xustificada. Outros quizás non, tampouco lle vamos a dar mais voltas. Estou orgulloso de decilo, pero hai que ter o que se ten que ter para presentarse en Camariñas as nove e pico da mañá, vindo desde Malpica, co tempo que estaba a facer. Si salistedes na tarde-noite-moi noite do sábado sabredes do que estou a falar. Incluso nos tocou ver de camiño (aparte de grande cantidade de granizo na estrada) un coche accidentado nas lagoas (Vimianzo), no cual, ao/s que lle tocou pode/n empezar a contar o seu cumpreanos a partir de hoxe, eso si non , desgraciadamente e terriblemente, morreu/ron.Veremos os xornais.
Partido xogados contra un dos novos equipos desta tempada (tamén penso que son dos mais novos en edade) e xogado de poder a poder.Creo que foi un dos nosos mellores partidos ata o momento. Na primeira mitade e como sempre, e xa empezamos a acostumbranos, no seu primeiro ataque o Porteño marcou o seu primeiro gol. Tamén como sempre nos empezamos a domiñar e conseguimos empatar por medio de Ramón Angel. A segunda mitade foi en gran parte nosa, xogándose a maior parte do tempo no campo do Porteño. Tivemos a meior ocasión do partido nunha internada maxistral de Ramón Angel que pasou o balón a Esmorís, envenenouselle a éste a deixada e non poido marcar (cando non tiña ningún atranco diante) e volviu o balón a Ramón Angel, que tampou poido marcar en boísima posición. Houbo outra enorme ocasión de Ramón Angel que cabeceu, ainda que algo atrancado, e saliu fora por pouco. Eles tiveron tamén unha boa por fallo de Manolito nun balón fácil de atallar. E cando críamos que xa remataba o partido así, o Porteño marcou nun saque de esquina que remataron na área pequena (Manolito resbalou na saida) e o balón entrou mansamente na rede, por riba dos defensas.
O árbitro foi Martín. Sabedes o que estades de fai tempo cómo é. Hoxe pudose trabucar pero non influiu no resultado. O partido FOI DE GUANTE BLANCO cómo tiña que ser. Equivocouse mais que nada en dar a lei da ventaxa (en ocasión moi claras de ataque) e en algún fora de xogo. No resto fixo ben. Dámoslle un 2.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar¡Eu quería ir! Pero na miña casa non queren que colla frío, porque despóis non circula ben o sangue e non chega a tódolos órganos coa presión suficiente.......
ResponderEliminar