FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de agosto de 2009

TROFEO DA OLERÍA EN BUÑO


Xogóuse hoxe o partido Buño - Malpica de fútbol aficionado correspondente a vixésimo sexta edición do Trofeo da Oleiría . Gañou o Buño por 2-1. Os detalles do partido seguramente poderedes velos na crónica do blog de Luis Porto, cuyo enlace tendes por ahí a dereita desta columna. Duas partes diferenciadas: na primeira xogou relativamente ben e adiantouse o Malpica, por medio de Cheo. Na segunda parte, con abundantes cambios na alineación malpicán, xogou mellor e doulle a volta ao marcador o Buño.