FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de agosto de 2009

TROFEO DAS FESTAS

Abarrote en Malpica durante a fin de semana. Fíxose o pobo moi pequeno. O Domingo xa era habitual todo-los anos pero a cantidade enorme de coches do Sábado a noite fai xa moito tempo que non o vía.
E xogouse o trofeo. Esta foto corresponde a tanda de penaltys do primeiro partido. O árbitro non estaba moi posto, a verdade sexa dita, e casi que non os tiraban. O partido xogouse entre o Montañeros, da división nacional xuvenil e o Ponteceso. Os rapaces da Coruña teñen un nivel altísimo e un entrenador que non lles permite o mínimo fallo. Gañaron por 1 - 0 a un Ponteceso, que con Charro como punta principal, non estivo a bo nivel. Levaron un baño de bo fútbol.


O siguiente partido foi entre o Malpica e os xuvenís. Os da vila co equipo que se presupon vai a ser o titular no primeiro partido e que da certas esperanzas para o desenrolo na liga. Certo é que estaban mais frescos pero domiñaron ben o encontro e terminaron gañando por 2 a 0, con dous goles de David Blanco (o primeiro en claro fora de xogo) que estivo moi activo xunto con Cheo. Por non existir o entendemento co entrenador deles e co árbitro tirouse outra tanda de penaltys cando era imposible que se dera o caso dun triple empate.



Xogouse o último partido entre o Ponteceso e o Malpica. Tal e cómo estaban as cousas ao Malpica chegáballe o empate ou a pérdida pola mínima. Xogou con moitos cambios no equipo e saiu bastante confiado. O Ponteceso renunciou ao ataque de Charro e xogou ao contrataque, con tres puntas velocísimos que fixeron estragos na defensa local. Os dous primeiros goles marcounos Miguel Torrado, o segundo con bastante fortuna nun despexe de mala sorte de Rancaño que o deixou solo frente a Toni. Gañaron 3 a 0 , foron eles quenes terminaron brilando (tampouco poden ter menos nivel si queren defenderse na Primeira Rexional) e conseguiron o trofeo.

Mais detalles do conto tendelos no enlace http://scd-malpica.blogspot.com/ de Luis Porto, con mais consideracións técnicas das que eu poida saber e decirbos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario