FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 6 de setembro de 2009

BO PARTIDO DUNS E MAL PARTIDO DOUTROS

Onte xogóuse o primeiro partido da liga de Segunda Rexional. O Malpica gañou por 5 a 0 ao Fisterra, nun partido moi serio dos locais frente a un equipo que moito terá que cambiar para lograr mellores resultados. Houbo moitos destacados no Malpica: Andrés, Neucha, Cheo, Rancaño, Eloy, Charli,... todos estiveron a un bo nivel e deron a primeira alegría aos presentes.
A cruz da historia estivo o sábado, ainda que fora un amistoso, dónde os xuvenís perderon contra o Coristanco que entrena o noso ex-xogador Julio. Este ano os rapaces, con moitas incorporacións,ainda xogan sin orden nin colocación. Moito terá que pelexar Esmorís para que den o nivel. Acabaron o partido 0-5 e as ocasións foron para o equipo rival. Houbo incluso unha pelexa entre xogadores que se solventou como se pudo, botando fora ao noso novo xogador Carlos, que ten moita calidade para xogar e non a debe estragar nesas cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario