FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de setembro de 2009

EMPEZAMOS BEN A LIGA : CASTRIZ 1 - MALPICA 3


Partido xogado na tarde do sábado en Santa Comba con un tempo espléndido e con bastante xente vendo o choque. Tocóunos un dos novos equipos desta liga, equipo que ten como xogador mais destacado a Furri (o ano pasado estaba no Nantón) e que da todo o que pode no campo, ainda que ese todo incluye moitas entradas, algunhas moi duras. Eso tamén valeu para despertarnos e tentar gañar pero a veces discutimos moito entre nós, cousa que temos que evitar.

Na primeira mitade o xogador antes citado xogou no medio do campo. Moveu o equipo ao seu antoxo. Meteu o gol nunha xogada de falta que o deixou solo ante Manolito e bateuno por baixo. Foi o premio ao mellor xogo do Castriz nese tempo.
Na segunda mitade adiantamos líneas. Empezamos a loitar (SÍ, EFECTIVAMENTE, LOITAR) o partido. O Castriz quedouse con dez homes por segunda tarxeta a un dos seus xogadores ao darlle unha patada a Alberto por detrás cando non tiña oportunidade de xoga-lo balón. Tamén axudou que Furri pasou a xogar na defensa e perderon o centro do campo. E foron chegando os goles: o primeiro de Ramón Angel nunha vaselina desde o extremo da área na que o porteiro non conseguiu atallar. O segundo en xogada persoal de Ramón Angel que deixa solo a Castriño, que marcou a placer. E o terceiro de Esmorís, que marchou solo cara a portería deles e marcou.
O Castriz, a pesar de ir perdendo, dou a cara en todo momento. Pediu penalty nunha xogada na que o colexiado marcou falta ( e ésta era claramente dentro da área) e tivo dous remates de cabeza de Furri e do nº 15 nos que se luciu e conseguiu despexar Manolito cando xa se cantaba o gol.
En canto ao árbitro tocóunos Rafa , o uruguaio, e decimos o de sempre: que non llo poñemos fácil ningún dos dous equipos. É decir, que si facemos unha falta clarísima e a pita poñemonos a defensiva berrando que non pitou unha anterior igual de clara. Si tivera algo mais de personalidade acabaría o partido con mais de vinte tarxetas sacadas.Sacou moi poucas. Non tivo mais remedio que expulsar ao xogador do Castriz porque a segunda tarxeta foi moi evidente, pero tamén na primeira parte sacou unha amarela a outro xogador deles que ben poido ser vermella directa pola entrada que lle fixo a Castriño. Influiu no resultado na xogada que dixemos como penalty a favor do Castriz e que neses momentos supondría o empate. Poñemoslle una nota de 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario