FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de setembro de 2009

2ª REXIONAL: SD SAN LORENZO 2 - SCD MALPICA 1


Peor sorte que a nosa tiveron os rapaces da SCD porque perderon contra os do San Lorenzo en Berdillo. Neste partido os nosos xogaron mellor na primeira mitade, conseguindo adiantarse con gol de Neucha. Poideron incluso aumenta-la diferenza con un tiro ao pao e un penalty non pitado. Pero ao final desta primeira mitade empatou o equipo rival nunha das escasas chegadas que tivo.
Na segunda parte atascóuse mais o Malpica e os do San Lorenzo empezaron a domiñar mais o encontro. Poideron adiantarse por medio dun penalty tonto cuyo lanzamento parou estupendamente Toni. Pero nos últimos momentos do partido un ataque de Neucha cortouno impresionantemente ben Javi Pensado que trenzou a xogada de ataque que acabou en gol. Quedaba moi pouco tempo para a reacción. E o empate, que se daba como mais lóxico despois do visto, pasou a ser derrota.