FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de setembro de 2009

SCD MALPICA 3 - PORTEÑO 1 (VETERANOS)

Partido empezado con retraso. O árbitro que tocaba, Juan, non se presentou. Total, que mentras non chegaba o que viña a substituilo (Julio) arbitrou Fernando Asfeco con consentimento dos dous equipos. O cual fixo sin problema de ningún tipo hasta o minuto 13 da primeira mitade.
Foi marchar él e conseguir nós o primer gol por medio de Esmorís. E pouco tempo despois, o segundo en xogada individual de Castriño, que, cando chegaba solo diante do porteiro, en lugar de asegurar o pase a Esmorís tirou. O seu tiro, que saia fora, pegou no porteiro e con extraña carambola foi a dar noutro dos defensas para ser gol. Xogamos bastante ben esta parte. O Porteño apenas pasou da línea de medio campo. Na segunda parte a cousa foi ben distinta. O Porteño adiantou líneas e vímonos ben apretados. Non obstante conseguimos o terceiro nun contragolpe que levou moi ben Esmorís. Pero eles seguiron apretando. E ahí apareceu como un valladar o noso porteiro Manolito. Hasta conseguiu parar un penalty. Pouco despois eles meteron o seu gol por medio do seu nº 9 no único balón que Manolito non conseguiu blocar. E seguían apretando. Nos estábamos metidos na nosa portería, apenas facíamos esforzos no centro do campo. O mister de hoxe, Dourado (non pudo estar Martuxa) tomou unha determinación que nos quitou de problemas: sacou a Lancha do centro da defensa e o puxo no centro do campo, co cual se recuperou a posesión do balón. A partires de ahí poidemos incluso aumenta-la diferencia. Pero non houbo mais goles.

De Julio direi que sigue na misma línea do ano pasado. Moito cambiou desde que empezou a arbitrar e lle importaba algo mais o asunto. Si cadra, agora é algo mais tarxetero. Pero tampouco lle damos moitas facilidades ao tema da arbitraxe. Poñémoslle 1.

2 comentarios:

  1. Ese intercambio de pernas de Albertini na foto dahi arriba.....está claro que non é un rejate novo non? jajaja

    ResponderEliminar
  2. esa é parte da estrategia do "segundo". convenceu a Albertini de que tiña que usa-los pasos da canción de Coyote Dax "no rompas más mi pobre corazón". o que se olvidaron de decirllo ao mister que estivo onte, Dourado. Creo que xa se nota.

    ResponderEliminar