FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 29 de abril de 2012

CORISTANCO 5 - MALPICA 1

E final para a nosa traxectoria (meritoria polo quinto posto) nesta liga de veteranos de segunda división 2011-2012. Nun día espectacular para xogar ao fútbol. Si cadra o marcador foi excesivo para o que se viu pero o certo é que premiou a efectividad do equipo rival en ataque e os pouquísimos efectivos que xuntamos no noso equipo, sólo once, para este partido.

Presentamos este equipo, corto pero bastante compensado, co prantexamento que sigue :

                                                                    Nacho 
                        Carlos              Chucho                         Tino             José Regueira
                                                                  Alberto 
                        Fino                  Mutio                         Walter                  Luis Naya
                                                                     Fran   

Un equipo que aguantou bastante ben a primeira mitade, de feito creo eu que merecemos chegar empatados ao descanso e na segunda (con cambio de cromos pasando Carlos a portería, Fino ao lateral e estrenándose Nacho no centro do campo con desprazamento de Walter ao interior dónde xogou un partido moi meritorio), casi se pode decir que toda-las ocasións creadas polo Coristanco foron gol.

No primer tempo tivemos vinte e cinco minutos dónde o xogo estivo repartido. Incluso tivemos nós a primeira ocasión de facer dano no min. 12 nunha xogada trenzada que chegou a Luis e o seu tiro saiu moi suave sin problemas para Jesús. No banquillo do Coristanco estaban dous dos seus mellores xogadores, Tom e Luciano, que lle facían perder efectividade en ataque. Precisamente foi a partires da saida deles, cando no min. 29 un centro desde a esquerda sacouno Nacho ca punta dos dedos tendo detrás del a Jose Pensado para rematar a gol. E no 32 Luciano cabeceaba sólo no segundo pao un centro desde a dereita o  1-0. Pudemos empatar si no min. 39 chegara a Mutio un pase de Fran entre líneas que cortou in extremis o nº 22, Roberto Serrano, ou na siguinte xogada e cambiándose as tornas, un pase de Mutio a Fran deixao sólo diante do porteiro, fai un paradón Jesús e o mesmo Fran non logra chegar ao rechace por moi pouco.

Na segunda parte foi cando o Coristanco abriu brecha. Avisaron no 46 con un balón que colleu Carlos polos pelos. No min. 55 Tom recibe un balón cerca da portería, dribla e marca o 2-1. Cinco despois é Luciano o que chega a un balón en largo e bate por baixo a Carlos. Pudemos meternos no partido porque no min. 68 Walter centra hábilmente desde a dereita, Mutio controla e marca o 3-1 e dez minutos despois tivemos duas ocasións seguidas con tiro de Mutio que sae desviado e na siguiente Fran falla cando estaba sólo, ou mellor dito, Jesús fae un paradón para evitar o gol. Pero de meternos no partido pasamos a recibir a goleada cando nun despiste defensivo recolle Lorenzo un balón e, cando todos pensamos que iba a centrar, fai un regate e marca no min. 85. E sobre o pitido final redondearon o 5-1 con gol de Jose Pensado.

Arbitrou Isidro. Pasou desapercibido. Non houbo nada para discutir. Os dous equipos tiñan os deberes feitos e foi un partido entre amigos. E Isidro axudou a eso. Incluso explicando porqué pitaba ésto ou aquelo. Moi ben.


Ningún comentario:

Publicar un comentario