Partido duro, rocoso, típico de copa, con dous rivais que en absoluto querían perder a eliminatoria, ainda que non abundaban as ocasións de gol. Parece mentira como cambia a cousa, en canto ao que falamos antes dos partidos e o que despois pasa no transcurso deles e a nosa reacción ante os mesmos.
Empezou mellor o Porteño. Nós parecíamos dormidos ou non sabíamos qué facer. Nos primeiros minutos xa o núm. 22, José Martínez, prántouse sólo diante de Nacho con unha boa parada de éste. E no min. 23 adiantáronse os porteños no marcador. Hai que decir que protestamos moito a xogada : Pepe Novo pitou falta onde non ha houbo, Diego Canosa (o nº 8) señálalle ao trencilla co dedo que a barreira está adiantada estorbando o saque e os nosos, con pouca espabilación porque si a houbese estaría alguén diante do balón hasta que o árbitro lle mandase retrasar a posición, pensaron que había que formar a barreira xa e o nº 11, Luis, lanza o golpe franco mentras a estaban formando. Resultado : que Pepe Novo insiste en que non oiu a expresión "árbitro, barrera" e, polo tanto, non levantou o brazo para reflexala e deu validez ao gol frenando as protestas dos nosos con tarxetas. A partires de ahí, calquer cousa que houbera (por pequena que fose) era motivo de que protestásemos ainda mais. Pero o marcador non se moveu hasta o descanso a pesar de que tivemos duas ocasións para empatar: unha onde Mutio tira desde lonxe e Ruso desvía ca punta dos dedos a corner e outra moi boa no min. 34 cando un balón solto paseouse pola área e chegou a dereita a Fino que tira sobre a marcha e o balón peta pola parte dafora da portería.
Na segunda mitade marcamos no min. 47 (foto da dereita), cando Mutio lanza unha falta, o porteiro Ruso non blocou o balón e Añón, moi atento, remacha a rede. Nacho lograría despois desbaratar o que podía ser o segundo gol deles nun tiro a bocajarro. E despois de unhas xogadas conflictivas, que analizaremos na labor arbitral despois, empatamos a eliminatoria no min. 87 por medio da Galerna, que forcexea un balón (no que pudo haber falta) ca defensa rival, logra controlalo e lanza un tiro que se cola na meta rival.
Chegamos a prórroga, en dónde non se moviu o marcador, a pesar de que nos últimos cinco minutos xogamos con dez xogadores. As forzas nos dous equipos tampouco eran as mesmas. E pasamos aos penaltis que reflexamos na nova que xa demos.
Vamos a analizar o tema arbitral. Hai que decir que non gustou a ningún dos dous equipos tal e cómo demos a demostrar. Creemos que hai abundancia de trencillas como para escoller algo mellor aos poucos colexiados que teñen que arbitrar este tipo de partidos. A Pepe, sin ánimo de menosprecialo, podíaselle haber dado a oportunidade de ser un dos líneas que acompañaran na final da copa, pero creemos que partidos como éste faenselle moi grandes. Tivo incidencia no marcador, tanto si facemos caso a xogada do gol do Porteño como a que os nosos rivales airadamente reclamaron dous penaltis na nosa área e pola nosa parte reclamamos airadamente dous foras de xogo pitados a Fran cando arrancaba sólo cara a portería rival, que non o foron en absoluto (o segundo dos cuales sucedeu cando estaba a unha distancia de catro metros da linea defensiva porteña). Pero ademais creemos que foi moi benévolo cas tarxetas porque houbo xogadas con abundancia de patadas casi feitas de seguido en dónde non houbo castigo ningún aos infractores, tanto de un como de outro equipo. E tamén creemos que debería de haber sancionado as ofensas que se lle dedicaron, cas cuales sólo tivo en conta as que, según él, oiu do nº 17 do Porteño (José Castro) ao cual expulsou cando se encontraba no banquillo de Porteño.
Tes razón hay abundancia,pero de ineptos como os que os designan a esta xente que están mais pendientes de cobrar e que acabe o partido que de procurar estar atentos o que acontece neles.....en fin sempre lle quedaran as tarxetas
ResponderEliminarides coma motos...alegrome que este ano se fale do malpica polo que fai...suerte e un saludo desde suiza que vos siguo sempre e sempre vos seguirei.
ResponderEliminarbueno e moi dificil pero se chegamos a final tes que vir,jeje...
ResponderEliminarpois pensareino...jasjajajaja
Eliminar