FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de xullo de 2012

FINAL DA COPA DE VETERANOS: GAÑOU O CORCUBIÓN (CASTRIZ 0 - CORCUBIÓN 1)











Día precioso para ver fútbol ainda que o calor e a humedade semellaban excesivos e os dous equipos tiveron que notalo. En teoría porque o partido foi de poder a poder e ambos contendentes demostraron porque estaban nesta final.




















 Despois de unha primeira mitade dónde viuse que o Corcubión quería esa copa pasamos a unha segunda parte na que o Castriz, ainda que tiña baixas importantes, volcouse na portería rival. Pero cando estaba mais volcado en ataque unha xenialidade de Miguel desequilibrou a balanza aproveitando unha xogada pola línea de fondo na que todo o mundo creía que iba a dar o pase da morte salvo él, que tirou e o balón entrou polo escaso hueco que había entre porteiro e porteria. Motivo polo cual o Castriz redoblou esforzos para tentar o empate. E o Corcubión lanzaba balóns a espalda dos defensas rivais, desperdiciando dous balóns claros por medio de Miguel e Domingos que fallaron sólos diante do porteiro. Acabou o partido e o Corcubión celebrou ca xente que foi a apoialo a Vimianzo o logro acadado. E tamén alegría, ainda que fose a medias, para a xente do Castriz : non todo-los días se logran liga e subcampionato de copa no mesmo ano.



Ao final entregáronse os trofeos da temporada que aparecen na páxina do comité da liga. Aos consabidos trofeos de gañador da liga en primeira división (Castriz), do segundo (San Román), campión en segunda división (Soneira), campión da copa (Corcubión), subcampión da copa (Castriz), máximo goleador de primeira (Miguel) e máximo goleador de segunda (Carlos) unironse os trofeos ao equipo mais deportivo e menos tarxeteado das duas ligas (Corcoesto) e o de mellor colexiado que foi adxudicado ao mais votado na citada páxina (Luciano)

Arbitrou Eduardo Rodríguez, o colexiado que pitara a nosa semifinal en Baio, ca axuda nas bandas de Casti e Cotelo. Pasou desapercibido porque os dous equipos empregáronse a fondo pero de maneira leal. Tivo algún problema con un par de atacantes do Corcubión pero soubo levalo con corrección.

Ningún comentario:

Publicar un comentario