FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de setembro de 2012

PRIMEIRO PARTIDO DA TEMPORADA : PONIENTE 1 - MALPICA 3















(Manu Pardo ca SCD Malpica)


                                                             (foto do blog do Cabana)


A temporada 2012-2013 ponse de largo. E no primeiro partido non lle foi nada mal ao equipo. E coma agora as actas teñen que poñer os xogadores que actuaron pois podemos decir quenes se presentaron neste comenzo as ordenes do mister Dourado : Nacho-Alberto-Fino-Luis-Chucho-Tono-Tino-Walter-Carlos-Fran-Suso-Mutio-Lancha-Abel e José Regueira. Por alí estívemos tamén Fernando e un servidor.  Faltou a Galerna mancado e non sabemos si Ramón, Añón, Esmorís e Almóbil van a retornar nalgún momento desta temporada.
As incorporacións deste ano son de luxo : Manu Pardo, xogador que se retirou este ano da SCD Malpica (e que anda coma unha moto no terreno de xogo). E Alberto, xogador que quixemos que estivera con nós o primeiro ano e finalmente non chegou a cuajar, xogando finalmente nos veteranos de Cabana hasta o momento. Coma ben os dous Alberto que hai no equipo agora coinciden en nome e apelido e sitio de orixen, ao que estaba hasta agora chamarémoslle Alberto de Seaia e ao novo Alberto de Barizo, por ser o sitio onde escolleron parella e casaron.
 As duas fichaxes novas teñen ese punto de técnica e toque de balón que nos fará subir un ou varios escalóns nas nosas posibilidades.
Como me presentei tarde sólo podo contar o que me dixo o mister : que chegamos ao minuto 20 con tres goles de Fran (os dous primeiros en asistencia en largo de Manu -min. 3 e 17- e o terceiro aproveitando unha indecisión da defensa no min. 19), que Eduardo marcou para o Poniente no min. 38 e que a segunda parte foi de control do xogo alterno para ambos equipos.

P.D.- Teño gañas de que empece a actuar certo individuo (como non controlo o photoshop tomei prestada esta imaxen sua do blog do Cabana) porque si non este blog vai a ser unha cousa moi seria.
 E tamén podo decir que o ambiente post-partido sigue sendo de primeira categoría con todo o equipo parando polo camiño de volta. O recibimento que me fixeron todo-los compañeiros fixo que parecera que non me fora nunca. Ahí tamén somos un equipo. Gracias a todos.
Voltamos o domingo que ven a xogar contra este equipo, xa que nos pediron os de Laxe que aplazáramos o partido que tiñamos e cómo o Poniente descansaba na liga xa se concertou un partido amigable para non rompe-lo ritmo de xogo. Cambiará a hora pois xogamos as 10,30.

1 comentario:

  1. Maricón! Xa che poñerei as pilas cando me pasen os efectos das "drojas"...

    ResponderEliminar