FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de abril de 2013

ACABAMOS NA LIGA : MALPICA 1 - LEILOIO 0














Non tivemos tan mala mañán para xogar visto o que choviu en Malpica pola tarde. Último partido noso na liga e que mellor que un derbi co Leiloio para terminar. Un equipo rival que veu xusto de efectivos mentras que nós, gracias a que reapareceron os efectivos de trinta e pico de anos que últimamente non estaban (Walter, Manu Pardo, Mutio e Carlos) mais Alejandro, tivemos tres cambios. Esa diferencia, sinceramente, non se viu como tal no campo. O Leiloio, nunha actitude digna de alabanza, pelexou todo-los balóns e puxo as cousas moi costa arriba. Nos nosos rapaces que viñeron notóuse a falta de partidos e certa descoordinación.

 Na primeira mitade a primeira ocasión foi nosa. Alejandro plántouse sólo diante do porteiro rival pero non soubo sobrepasalo mandándolle o tiro as mans. E a partires de ahí o Leiloio tivo duas, a primeira delas ben salvada por Nacho desviando o tiro a córner e a outra tampouco lles rentou, saindo o tiro desviado.

 Na segunda parte xogamos con vento a favor e xa se empezou a notar mais no Leiloio que xogaban cos xustos. Empezamos a mandar balóns en largo cara Fran e Alejandro, chegando en segunda línea con Alberto de Barizo, Mutio e Manu Pardo (que tentou unha vaselina e un tiro co porteiro fora do marco que non cristalizaron en gol). Moita chegada que non foron gol porque estragamos un par delas cando Alberto de Barizo, facendo o mais difícil que foi chegar diante do porteiro, quebrouno pero deu tempo a chegar a defensa para quitarlle o balón e Fran fixo o mesmo noutra xogada donde se escorou demasiado. No min. 65 Nacho,en saque en longo, mandoulle un balón ao desmarque de Alejandro, que, diante da saida do porteiro, elevalle o balón por enrriba. De ahí ao final dedicámonos a sestear un pouco dando lugar a que os rivales empezasen a mandar balón aos dianteiros e casi nos fan pagar esa desidia, menos mal que a nosa defensa estivo atenta.

 Mentiríamos si dixésemos que nos gustou a arbitraxe de Iván. Deixou pasar sin pitar a dureza que casi sempre aparece neste tipo de derbis. Non nos referimos as queixas que sempre botamos pola boca sino as entradas que entorpecen o xogo. Tamén creemos que non andivo fino nos fora de xogo, sobretodo un que lle pitou a Fran dónde éste arrancou dous metros atrás da línea co último defensa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario