Nada facía presaxiar na primeira mitade a tremenda derrota que ibamos a levar. Sí e verdade que non fomos tantos efectivos como outras veces (xuntamonos catorce) pero tampouco eles tiñan moitos cambios. A primeira ocasión que tiveron os nosos rivais foi no min. 28, en xogada a balón parado e cuyo tiro despexou con certos apuros a corner Nacho, mais polo sol que lle daba de frente que polo lanzamento. Hasta entonces nós tiveramos mais o control e tres ocasións claras de Luis Naya e Richard, que aproveitaron a escasa saida que facía o porteiro local a tapar balóns e recollianos a espalda da defensa pero non souberon concretar e facer dano. O gol do Leiloio foi en xogada aislada. Marcos pelexa un balón con Tino (que pediu falta) e, unha vez feito con él, lanza un misil desde uns vinte metros que se cola a dereita de Nacho. Neses momentos o marcador non era xusto con nós e tocábanos remar contra corriente diante de un adversario que, co marcador a favor, é moi difícil de batir porque todos pelexan como xabatos. Para nós grande mérito de todos eles, pero destacaríamos sobretodo ao seu número seis, Juan Jose Cuns, que estivo en todo-los lados para cortar balóns.
Pero chegou a segunda mitade e ahí sí que sólo apareceu un equipo no terreno de xogo, o Leiloio. Diante deles non soubemos como facer dano, perdéndonos en pases no mediocampo que non levaban a nada, sólo a que os nosos rivais nos arrebataran o coiro e lanzaran peligrosos contrataques. No min. 68 bota o Leiloio un córner e diante de Nacho aparecen sólos Miguel, que toca o balón, e Joaquín que remacha o 2-0. Pudemos meternos no partido cando o colexiado pita cesión na área pequena. Pero hoxe non era o noso día e o lanzamento de Mutio estrelouse nun dos membros da nutrida defensa que estaba debaixo dos paos. E acabouse de deconxuntar o partido ca lesión de Alberto de Seaia e a saida do campo de Lancha. No minuto 84 un balón enviado a espaldas da nosa defensa recolleo un dos seus dianteiros e é claramente derribado por Alfeirán na área. O penalti marcao sin problemas Suso. Acabouse o partido porque baixamos xa os brazos e no min. 92 Marcos remachou a goleada, recollendo un balón a espaldas da defensa e prantándose sólo para batir a Nacho.
Boa arbitraxe de Julio. Nós protestamos que non lle mostrara unha amarela a un xogador rival por cortar un balón ca man pero a verdade é que non foi determinante no xogo. O noso problema hoxe foi a nosa actitude, non a do colexiado. Xa virán días mellores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario