FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de febreiro de 2014

MALPICA 2 - AGUALADA 2






Tempo aceptable vendo a que caiu despois a tarde. Algo mollámonos pero foi pouco. Sí que fixo algo de frío pero espabilámolo no transcurso do partido.

Na primeira parte houbo mais dominio do Agualada que tivo algunhas oportunidades de gol pero a falta de eficacia e a boa colocación de Nacho fixeron que o marcador non se movese antes do descanso.

Na segunda parte empezamos moito mellor nós meténdonos mais no campo do Agualada e tendo algunha ocasión moi clara para marcar. Pero foron eles quenes se adiantaron no min. 53 cando Manuel Couto lanza desde o vértice dereito da área grande un disparo raso que se colou preto do poste esquerdo da nosa portería. E ainda puderon meter outro moito mais claro a continuación, cando o uruguaio Washington lanzou un potente trallazo, tamén desde a dereita da área, que se estrelou no poste dereito da portería no que podía haber sido un dos mellores goles desta liga. Pero de marcar eles pasamos nós a empatar no min. 56 nun córner botado por Mutio e Sergio que salta para cabecear, despistando ao defensa que estaba detrás que golpea o balón co pé e marca en propia porta.

Hasta ahí houbo un partido. Nós dominábamos mais esa segunda parte. Pero unha protesta de un xogador do Agualada ao árbitro e a contestación deste fixo que un dos que estaban sentados no banquillo tamén protestase e, cómo non figuraba no prantel do equipo rival, Codesido botouno do banquillo. Tamén quixo botalo a grada pero aquel home negouse en redondo. Total, que o xogo estivo paralizado bastantes minutos e con amenazas do árbitro de non seguir pitando o encontro. Ao final, cos xogadores do Agualada intercedendo, conseguiuse reanudar o xogo. E, paradóxicamente, fixo mais dano ao Malpica o parón que ao equipo contrario. Pasaron eles a dominar. Tiveron unha falta en sitio moi perigroso pola pericia dos seus mediocampistas, preto do límite da área grande,  pero o balón estrelouse na barrera. Marcaron no min. 80 o 2-1 cando Washington vaise pola banda, supera a José Regueira, e cede a Pablo Viqueira que marca. E pudo volver a marcar o uruguaio cando se pranta sólo diante de Nacho pero a sua vaselina marcha fora cando xa todos creíamos que iba a ser gol. Tocábanos remar contra corrente e apelotonábamonos moito no mediocampo, estorbándonos uns aos outros. Pero no min. 85 o xogador noso que tivo mais claridade neste partido, Marcelino, recolle un envío en largo que chega as inmediacións da área e lanza un potente trallazo que fai o empate. De ahí ao final pelexamos cada balón para que non houbese sustos. A todos nos quedou a sensación de que gañamos un punto, non de que perdéramos dous. Ainda que, con éste,  xa levamos tres empates consecutivos.

Arbitrou moi ben Codesido. Non vamos a decir nada en contra das suas decisións. A única polémica surxiu nese parón forzado pero tampouco era fácil de arranxar. Eso sí, non especificou ese detalle na acta do encontro. Acertou plenamente na falta pitada da segunda mitade porque foi ben claramente fora da área ainda que os de Agualada pedían penalti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario