FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 2 de marzo de 2014

BUÑO 0 - MALPICA 0

Mañán bastante desapacible en Xaviña pero conforme ao que é o tempo últimamente. Como o ano pasado neste derbi, a chuvia fixo acto de presencia e empapounos bastante a todos. Os dous equipos presentáronse con efectivos dabondo, dándose o caso curioso de que o Buño presentou dezasete fichas ainda que sólo había doce no pitido inicial e o árbitro Casti recordoullo antes do comenzo. No noso equipo voltou a xogar Walter despois de largo tempo sin facelo.













O partido na primeira parte foi de dominio noso e tivo que haberse decantado ao noso favor antes do descanso. Tivemos hasta seis oportunidades de gol e non marcamos en duas xogadas moi claras. Ao pouco do empece Marcelino pilla o balón preto da esquina esquerda da área grande, driba a Pablo (o mellor deles neste tempo) na sua saida pero, cando o sobrepasara, recibe o agarrón do porteiro para que non continuase. Casti non quixo penalizar con tarxeta vermella a falta o cual non nos parece mal porque se cargaría o partido. O que non nos pareceu tan ben foi que se equivocara posteriormente nun balón botado sobre o desmarque de Fran no cual pitou fora de xogo nunha xogada que acabou en gol. Todo ocurriu a altura do noso banquillo e o movemento de Fran foi impecable, desfacendo toda posibilidade de infracción, saindo antes de que o defensa o deixara adiantado, pero non o viu así o trencilla. O resto de oportunidades foron de Richard pero hoxe non foi o seu día. A mais clara foi unha falta botada por Marcelino e Richard estaba sólo no segundo pao (como se ve na segunda das fotos)  pero non foi capaz de marcar.











A segunda mitade foi mais equilibrada. O Buño adiantou líneas e xa non xogamos tan cómodos. Mourín ordenaba balóns desde atrás e xa non tiñamos tanta comodidade para chegar a sua portería. O perigro noso rondou nos saques de córner pero non fixemos as cousas ben para marcar.

 O árbitro Casti non fixo mal a sua labor ainda que fallara no fora de xogo pitado na primeira mitade e anulara o gol de Fran. Estivo dialogante cos xogadores e non se cebou a botar tarxetas (aguantou as protestas reiteradas do noso banquillo) cando pudo perfectamente poñer algunha. Tamén hai que decir que non se deron patadas, foi un derbi limpo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario