Outro que non para é o noso Abel, a sua dona non sabe que facer con el, cando se despista un pouquiño xa está armando outra das suas. Parece ser que vai mellorando da sua "peniña"...
Alberto esta de noraboa, aguantou o partido sen mandar ningún balón para a leira do lado, sua dona (¡din as malas línguas!) agasallouno como merecía...Richard "o do bombo" está que trina, despois de noventa intentos e remates claros a porta, marcou un gol, e celebrouno por todo o alto...
O que está triunfando na familia dos veteranos é a modalidade de tele-oradores on line, hai un grande número de acólitos enganchados ao programa....
O que non nos deixa de sorprender son as sabias palabras do noso crac Lancha
Pero os veteranos estamos feitos doutra pasta, ante momentos e situacións difíciles actuamos dun xeito coherente e humanizado.....
Incluso no medio do caos, e nun arrebato de sinceridade e altruismo, emitimos e lanzamos programas dirixidos aos mais pequenos para aprender a ler con gráficos e letras....
Por orden expresa do fillo de Putin, os veteranos foron elexidos por Bruselas e Moscú como medidores do conflicto do Vodka de Jarrafón e a caña de Herbas...
O máximo difusor das boas novas dos veteranos e da escola "Metista" e o polifacético Guasi, a súa constante liña de ensinanza está calando por toda a zona de Bergantiños cun frenesí imparable, seus seguidores xa o adoran coma un deus.....









.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario