Así acabamos a crónica no partido de ida. Bueno, pois neste partido de volta xa nin xogo intenso houbo, mais parecido a unha pachanga que a un partido donde nos xogáramos algo. Mellor así. O tempo precioso, non fai falla dar detalles porque todo o mundo na zona pudo comprobar o cambio e a todos nos mudou a cara nestes días. Con decir que ninguén se queixou do excesivo calor que facía está dito todo. Todo o mundo a calar a boca e a beber auga para calmar a sede.
Na primeira parte parecía que eles poderían haber feito algo mais. Polo menos empezaron con mais impetú e tiveron duas ocasións claras de achegamento a nosa portería. Nós tamén pudemos haber feito algo de proveito en duas arrancadas pola banda dereita do noso xogador mais incisivo neses momentos, Luis Naya, en donde chegou a portería en posición inmellorable pero un dos tiros marchou fora e o outro despexouno o porteiro. No min. 33, Fran fai unha xogada polo medio, leva o balón a trompicóns pelexando ca defensa e, cando consigue controlalo e pensábamos que iba a abrilo a banda, saca un tiro impecable que se cola a dereita do guardameta. Bonito gol que decidía os primeiros cuarenta e cinco minutos ao noso favor.
Na segunda mitade dominamos o partido sin atranco algún. Houbo un pequeno rebumbio no segundo gol, no min. 55, pois Richard abriu o balón entre a defensa a Fran, que marcaba e os rivais protestaron porque decían que era fora de xogo claro, o cual deu lugar a que o banquillo do Dp. Carballo reclamase calquer xogada de ataque noso preto da área deles como fora de xogo. Pouco despois Richard metía o terceiro chegando lanzado a un rechace do porteiro. Tamén reclamaron posición ilegal desde o banquillo pero os xogadores amarelos (moi especialmente Suso, ao cual agradecémosllo) negárono inmediatamente. E puderon ser mais goles porque Fran tivo duas moi claras, a primeira chegando sólo diante do porteiro con paradón de éste enviando a córner e na segunda recollendo un pase desde a dereita de Richard que o deixou sólo pero o seu tiro chocou no poste esquerdo.
Arbitrou Gerardo. Arbitraxe aceptable a sua. Pudo errar no segundo gol noso, non o vamos a discutir. O que sí podemos decir é que mostrou moita mellor colocación da que moitos lle presumían porque aparecía sempre (salvo nesa ocasión) nunha posición desde dónde se podía apreciar debidamente a xogada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario