FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de marzo de 2014

PONIENTE 4 - MALPICA 1


Nada. Que todo nos saliu ao revés. Que aguantamos o que aguantamos. Pero que gañou o que mais fuelle tivo. O tempo era bo pero era moita a calor e o campo fíxosenos moi grande.

Aguantamos media parte. Nese medio tempo sobrevivimos e pudemos facerlle frente ao adversario. Non houbo grandes ocasións para ningún dos dous equipos porque apenas houbo achegamentos as porterías. Os dous porteiros pasaron desapercibidos. Nada facía presaxiar no descanso a malleira que ibamos a levar na segunda mitade.

Porque neses segundos cuarenta e cinco minutos desaparecemos do campo. Duas cousas axudaron : a primeira foi que afloxamos no mediocampo e eles non tiñan impedimento para mover o balón e mandarllo en profundidade aos dianteiros que marchaban cara porta chegando sólos diante de un desamparado Nacho, que ainda salvou algúns goles. Pero sobretodo desquiciounos un  desacertado Castro, que deixou o seu papel mediador e dedicouse a poñerse en plan quisquilloso con nós. Creo que sólo houbo unha patada en todo o partido. Con eso quero poñer de manifesto que varias tarxetas e un expulsado (Chucho, con unha tarxeta por protestar e outra merecida por cortar un contrataque) paréceme demasiado. Nós fixemos mal en irnos do partido, xogábamos andando. O Poniente xa tiña neste tempo o reforzo de Tom Puente, que chegou cerca do descanso. E nós botamos en falta a Alex ou Marcelino, que podían dar esa forza suplementaria. Xa non corríamos e os primeiros tres goles viñeron casi seguidos nos min. 57, 62 e 68. No min . 86 chegou o 4-0. Fixeron doblete Tom e Ignacio. Pola nosa parte, Mutio fixo o gol da honra no min. 90.

Xa dixen que, para nós, a arbitraxe de Castro foi desquiciante. Decisións bastante incomprensibles. Dar foras de banda desde o centro do campo cando non o eran (ou olvidarse dos foras de xogo porque, estando lonxe, ante a dúbida, non sancionalos),  non pitar falta evidente cando entraban dous rivales ao mesmo tempo (así pasou no segundo gol nun córner ao noso favor e era sobre o último home do ataque),... Sinceramente, pensamos que o estaba a facer a propósito por nós protestarlle. Os rivales encantadísimos, tamén o estaríamos nós si o duelo fora entre o árbitro e eles. E despois do partido veu o mellor. Os delegados dos dous equipos foron ao despacho arbitral e alí esperaban as fichas e as actas, nin rastro do colexiado que, como o partido acabara as duas da tarde, marchou de alí sin esperar, supoñemos que por traballo. Non sería tan difícil ir a cada vestiario e darlle as cousas a cada equipo na porta. E si era por traballo, que o Comité non lle asigne partidos mais tarde das once.

Ningún comentario:

Publicar un comentario