FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 28 de setembro de 2014

O DERBI DEUNOS UN RESPIRO : VETERANOS DE BUÑO 0 - VETERANOS DE MALPICA 3








Partido xogado con moitísima calor. O rival tiña múltiples cambios e nós solamente dous, que na segunda parte foi un sólo pola marcha de Alfeirán. Pese a iso non sufrimos en demasía porque o equipo estaba bastante compensado.








Na primeira mitade as ocasións mais claras foron todas nosas. A primeira foi no min. 6, cando Mutio fai un pase ao oco que recolle Nacho e, co porteiro fora da portería, dribla e tira, tapando o seu tiro dous defensores aos que lles dera tempo de chegar. No min. 16 é Marcelino o que centra desde a dereita, o balón chega a Arcay, que estaba sólo e  preto do vértice esquerdo da área pequena, pero o seu tiro vai polo lado do porteiro que o bloca. No min. 24 é Marcelino quen recolle un balón no borde da área grande e no seu disparo Pablo tírase moi ben e desvía a corner. Foi o preludio do gol. No min. 25 Alberto de Barizo entra na área, regatea e é trabado polo defensa. O penalti claro transformouno Mutio. A última das ocasións malpicáns a tivo Arcay no min. 45, cando chega sólo diante de Pablo, acomoda o balón e tira, facendo o porteiro unha parada de mérito porque o balón iba abaixo e eses balóns soen acabar en gol.

Na segunda parte o xogo estivo mais repartido. O Buño estirouse mais buscando a igualada pero o balón donde mais estaba era no centro do campo e nesa zona non tiña dono claro. Ainda así as oportunidades mais claras seguían sendo nosas. No min. 62 Arcay escapa cara portería, sale Pablo e driblao mais tira dando o balón no lateral da rede. Un minuto despois Arcay volve a repetir sorte, recollendo un balón desde a dereita e axusta o tiro preto do poste para marcar o 0-2. No min. 74 Marcelino recibe un pase de Mutio e fai o mesmo que antes fixera Arcay, dribla a saida de Pablo e tira ao lateral da rede.

No min. 79 tivo o Buño a primeira oportunidade clara posto que antes Carlos apenas tivo que intervir. A ocasión foi de Ismael, que entrou sólo polo medio da área grande, pero o seu tiro saliu alto. Un minuto despois é Nacho o que aparece sólo diante de Pablo, querendo elevar o balón pero o porteiro logra tocar cos dedos e parar o balón. No min. 86 o Buño tivo a sua segunda ocasión nunha falta botada por Asier, o mellor deles hoxe, e o tiro fai lucirse a Carlos pois detén un balón que iba directo a escuadra. E no min. 87 é Marcelino quen escapa cara porta acompañado por Nacho. Cando lle quere pasar o balón Nelson pretende cortar  e sólo fai que meter gol en propia porta.

Juan é un árbitro que intenta estar o mellor colocado posible no campo. Ainda que falla algo nos fora de xogo. Porque un xogador que está fora de xogo e tenta sair de ahí non ten porque estalo cando hai defensas entre él e a portería no momento que sale o balón. Mais a nós marcounos un par de foras de xogo nos que o noso xogador arrancaba desde o noso campo. Tampouco o Buño comulgou moito co que él pitou e tamén pitoulles algún fora de xogo que non o foi.  No seu haber está que non pon tarxetas por protestar xogadas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario