Día bastante mais que decente para a práctica do fútbol. Enfrente tiñamos aos amigos de Agualada, un conxunto cuia principal virtud, aparte do bo trato ao balón, é que veñen en número suficiente de efectivos e moitos deles con menos de cuarenta anos, circunstancias ambas que terminaron por decantar o partido.
Porque na primeira parte fumos nós quenes tivemos as mellores ocasións. Empezando por unha oportunidade doble no min. 10, cando Nacho escapa sólo cara porta, Rubén pon a man e consigue desviar o seu tiro mais o rechace cae a pés de Marcelino que, con todo a favor, tira cruzado cando xa se cantaba o gol. Preludio do 1-0 no min. 13 : centro raso desde a dereita e Jose Arcay remata inapelablemente na área pequena. Gustábamonos xogando ao fútbol e tivemos tres oportunidades moi claras, duas escapadas de Jose Arcay con tiros que parou formidablemente ben o meta Rubén. Perdonamos e pagamos, pois casi que na única ocasión que eles chegaron a nosa área, Berto na línea de fondo levase o balón e fai o pase a área pequena donde Torres, en pelexa ca nosa defensa, mete o pé e o balón mansamente entra despois de dar no poste dereito. Ainda así, pudemos poñernos outra vez por diante, casi que chegando ao descanso si Marcelino, que recolleu outro balón morto no borde da área grande, volta a tirar cruzado cando tamén tiña todo ao seu favor para marcar.
A segunda parte xa foi outra historia. A edade e a forma física xa se impoñían no campo. Pero curiosamente, eles con un centro do campo con Reborido, Berto e Rogelio (que tiñan unha edade parecida a nosa) estaban mais soltos e empezaron a mandar balóns en profundidade para Toniño, Torres e Uru que corrían coma centellas, ainda que sin resultado para o marcador. Pudemos aguantar hasta que faltaron dez minutos para acabar. Antes, unha falta botada por Berto estrelase no longueiro e ao minuto siguinte outro tiro noso ten o mesmo resultado. Pero no min. 82 Torres atópase con un balón dentro da área grande, o seu chut é repelido por Carlos Dourado mais o mesmo xogador recolle o balón e marca. E nós xa non tiñamos forzas para remontar. No 87 Toniño fai o 1-3 definitivo. Está claro que, si queremos sacar os partidos adiante, como mínimo vamos a ter que ir con 6-7-8 cambios. O contrario xoga en contra nosa porque xa sabemos o resultado.
Isidro pitou ben e pasou desapercibido no campo, axudado pola actitude dos xogadores (mais pola nosa parte que pola deles, que pedían todo ao seu favor). Non era partido para tarxetas, puxo unha sóla a Alberto de Seaia, totalmente merecida porque cortaba un contragolpe e o mesmo xogador así o asumiu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario