FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de outubro de 2014

A MESMA HISTORIA REPETIDA POR TERCEIRA VEZ : VETERANOS MALPICA 1 - VETERANOS S. ISIDRO-RAZO 4

"Pudemos aguantar hasta que faltaron dez minutos para acabar". Volta a facer o mesmo que contra Porteño e Agualada. E, o mesmo que contra os camariñáns , con un home mais sobre o campo.Pero está claro que faltanos fuelle para acabar o partido.

Bo tempo para xogar. Cada equipo contou con dezaseis homes para afronta-lo partido. O equipo rival con homes de unha idade media mais baixa que a nosa e con un principio de tempada moi bo. A ver cómo lle pode ir a cousa, tanto pode ser que ascenda esta tempada como que a mesma se lle faga moi longa.



Non houbo moitas xogadas de relevancia na primeira mitade. Despois de un par de escarceos do S. Isidro-Razo nos primeiros minutos que acabaron con tiros altos sin perigro, a primeira oportunidade boa do partido tivémola nós no min. 10 cando Nacho escapa sólo cara portería, quedaselle un pouco curto o balón e da tempo a que chegue ao defensa, que despexa a córner e ao mesmo tempo dalle a Nacho. O árbitro non considerou a xogada punible como penalti a pesares de que o xogador a reclamou. E de poder marcar nós pasaron a marcar eles no min. 18, cando Gus (o home mais alto dos 32 que estiveron no partido) cabeceou un córner botado desde a dereita. E nós repostamos no 38 nunha xogada casi calcada na que Marcelino cabeceou un córner botado desde a esquerda. As táboas no marcador facían xustiza ao descanso polo xogo mostrado por ambos equipos.












A segunda parte empezou coma a primeira. No min. 50 Marcelino, estando sólo, cabecea un centro de Nacho desde a esquerda pero Charli responde facendo unha boa parada. E cinco minutos despois, cando empezaba a apretar o equipo rival, Luis erra querendo atrasar o balón a Chaves na portería, pero Palermo, moi listo e hasta ese momento desaparecido no partido, adiántase e dalle un toque sutil ao balón, superando a saida do noso porteiro.

O partido decidiuse nos min. 68 e 69 : Nacho escapa cara portería do S. Isidro-Razo e é derribado por Charli fora da área. O porteiro é expulsado e entra no seu lugar Ramón Cambón. ¿Por qué foi decisivo? Pois o lanzamento de Marcelino, forte entre os tres paos, é moi ben desviado a córner polo circunstancial porteiro. E non contento con eso, a saida do córner, o rechace vai parar a Alberto de Barizo, que lanza un tiro seco, axustado ao pao dereito e Cambón lanzouse a polo balón, desviando ca punta dos dedos a córner. E de ahí ao final xa perdemos a consistencia e a forza no xogo, lesionasenos Arcay, e xa o rival pudo empezar a definir o partido. No min. 85, Palermo centra desde a dereita, Alberto de Seaia non acerta a despexar, quedaselle o balón moi curto e o mesmo Palermo que seguía a xogada fusila o gol. O resultado definitivo veu no min. 89 cando Suso Cambón cabecea un centro desde a dereita sin que Chaves poida facer nada.

Castro non influiu no xogo. É verdade que non pitou algunhas faltas no mediocampo que sí o foron. Os rivais protestaron na expulsión de Charli decindo que Nacho estaba en fora de xogo pero hai que indicar que, si non pitou o fora de xogo, o derribo do porteiro foi moi claro cando Nacho xa o había driblado e dispoñiase a enfilar cara portería e marcar.

Tamén podemos indicar que contaremos próximamente con Cani como novo xogador dos Veteranos de Malpica. Si hoxe non pudo estar foi por tonterías relacionadas co seguro que, de cara as novas incorporacións da liga, impuxo o Comité da Liga de Veteranos, e que, coma soe pasar por estes lares, foi imposto sin información ningunha ao respecto mais que subindo o prezo e indicando o nome da compañía (Mapfre).


Ningún comentario:

Publicar un comentario