FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de outubro de 2014

VETERANOS ERBECEDO 3 - VETERANOS MALPICA 2


Partido en Cereo con un campo que non estaba tan mal coma o ano pasado e un tempo bastante bo, con apenas unha leve aparición de chuvia. O equipo rival tivo bastantes cambios e nós soamente un en cada tempo posto que ao pouco de empezar lesionousenos Bugallo e Fino chegou as once pensando que o partido era a hora habitual dos nosos enfrentamentos.


Empezamos pegando antes nós, cando no min. 5 centra desde a dereita Canilla (a novedade para este partido) e Luis Naya, atopándose sólo, marca o 0-1. Pero o dominio do centro do campo era do Erbecedo posto que Mauri e, sobretodo,  David campaban as suas anchas facéndose donos do balón. Así, no min. 26, David recolle un balón entre o mediocampo e a área grande, centrando perfectamente para que Mauri, chegando sólo desde atrás, fixera un testarazo impecable que poñía as táboas ao descanso e batendo a Nacho, que hoxe voltou a exercer de porteiro.




Na segunda mitade o Erbecedo puxo toda a carne no asador. No min. 46, un balón despexado desde a sua defensa chega aos dominios de Chucho, con Rubén pelexando. Chucho non acerta a despexar e Rubén cruza diante da saida a desesperada de Nacho. Despois de eso,  unha das situacións comprometidas no partido deu lugar a un cambio táctico: Lancha recibe un manotazo involuntario de Rubén e queda fora do partido. Dourado pon a José Regueira de lateral, Suso ao medio da defensa e pasa a Alberto de Seaia ao centro do campo. Con ese movemento anulouse o centro do campo dos de Cereo.

 Pero estaba aparecendo tamén moitas veces o nº 10, Sande, pola banda esquerda. E no min. 73 logra regatear a Fino e centra, aparecendo dous homes sólos libres de marca, un dos cuales (Pablo) remata sin oposición a gol. Xa pensábamos que pouco podíamos facer xa neste partido. Pero tiñamos a Canilla e Marcelino moi postos no partido e non nos viñemos abaixo. Empezaban a carburar Alberto de Barizo e Mutio, surtindo de balóns a dianteira. Tivemos no min. 82 unha grandísima ocasión cando Alberto de Seaia tira unha falta lateral facendo o porteiro rival un auténtico paradón que se ve na foto da dereita. E dous minutos despois tocoulle a de area, cando se lle escapa o balón e Marcelino que estaba atento recolleo e driblao, obrigando ao gardamallas a cometer penalti claro. Penalti que lanza Mutio enganando pola esquerda da portería. Ainda quedaban minutos pero non conseguimos facer mais dano, pero polo menos hoxe o partido pelexóuse hasta o último minuto.

Pillo arbitrou decentemente. Unha cousa destacable en él é a sua colocación. Protestaronlle os dous equipos pero nas xogadas dubidosas sempre estivo na mellor posición para saber o que tiña que pitar. Soamente mostrou unha tarxeta amarela a Mauri e foi por unha falta táctica para desfacer un contraataque, perfectamente asumible polo sancionado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario