FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de marzo de 2015

VETERANOS DE CERQUEDA 2 - VETERANOS DE MALPICA 0


Mañá fresca para xogar o derbi en Buño. Pudemos xogar con catro cambios, gracias a que se aliaron os astros para que varios dos nosos xogadores, que traballan e non podían vir, puderan estar para este partido. O próximo venres as once xogamos contra o Sofán e xa volveremos a estar baixo mínimos, máxime cando hoxe perdemos ao noso dianteiro centro Nacho por lesión e ese día hai xente da habitual que tamén traballa.



















O partido foi bastante equilibrado e competido como corresponde ao derbi pero tamén hai que decir que non houbo unha patada mal dada. Apenas houbo ocasións de gol na primeira mitade, o balón chegaba preto da área grande pero ahí diluíanse as xogadas, salvo unha do Cerqueda con rexeite de Bugallo que finalmente lanzaron alto.
























Na segunda mitade foi donde se moveu o marcador. No minuto 55 Javi recibe un balón nas inmediacións da área grande e, sin deixar caer, empalma unha vaselina e sorprende a Bugallo, que non pode facer mais que seguir o balón ca vista. Non se renderon os malpicáns e empezaron a cercar a portería do Cerqueda. Nun balón que quere centrar Cani sobre a área o defensa recólle o corpo instintivamente e o balón dalle na man. Sinceramente, creemos que non foi penalti xa que a posición era a normal do corpo, é decir, non estirou un brazo nin cousa parecida. O penalti, moi ben tirado, deu lugar a unha estirada monumental de Chiño, que chegou a base do poste esquerdo para rexeitar o balón a córner. Non decaímos e chegábamos ben polas bandas pero os balón centrados ou eran despexados pola defensa ou polo porteiro. O partido decidiuse no min. 85 cando Ramiro penetra na área, vai Marco a cerrarlle, Ramiro fai o recorte e é atropelado por Marco que non pode frear e finalmente despexa o balón. O correspondente penalti é transformado de forma impecable por Jorge.

O árbitro Rives trabucouse mais nas tarxetas que nos penaltis. No penalti a favor noso hai que decir que estaba bastante preto da xogada e creería que o xogador deulle de forma intencionada ou tiña a posición das mans irregular, o cual non é a nosa opinión, visto desde fora do campo. O que non vimos de recibo é mostrar tarxetas pola pataleta de un xogador cando pitaba un fora de banda que non o era ou non lle pitaba unha falta a favor. Nun partido de veteranos no que non houbo patadas alevosas ou xogo brusco non deberían mostrarse tarxetas, ainda mais cando os adversarios mostráronse con unha corrección exquisita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario