CRÓNICA DE LUIS PORTO :
Goleadores :
0-1, m. 44: Marcelino, a pase de José L. Arcay.
1-1, m. 79: o local Marco, cun tiro sen apenas ángulo que sorprendeu a Bugallo.
2-1, m. 88: de novo Marco, recollendo un centro dende a dereita dun compañeiro ao que non chega para rexeitar Chucho.
Comentario: Foi unha mágoa que se lle fora este partido ao conxunto dos veteranos malpicáns, xa que o dominio con rachas de moi bo fútbol correspondeu sempre a eles, errando tres ocasións moi claras na primeira parte e dúas tamén clarísimas na segunda. Ao final os de Leiloio, xogando a contra alzáronse coa inmerecida vitoria.
Finaliza así a décimo segunda edición da liga para esta tempada, quedando os malpicáns no 9º posto, e ascendendo a Primeira División Erbecedo e Agualada.
Agora a prepararse para a “COPA”, que comeza xa o vindeiro domingo día 3 de maio, enfrontándose os malpicáns ao Camariñas, na “Pedra Queimada" .
Árbitro: Sr. José Luís Rives.- Ben en liñas xerais, aínda que tivo un par de lagoas ao non sinalar, cando o marcador estaba 1-1, un empurrón dentro da área local sobre Marcelino e casi a continuación, en compensación, anuloulle un gol ao Leiloio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario