
CRÓNICA DE LUIS PORTO :
Goleadores:
0-1, m. 30 : Iván, recibe un balón longo rexeitado pola súa defensa. Os malpicáns coa súa defensa adiantada non poden impedir que o dianteiro cabanés encare só a Bugallo e báteo por baixo.
1-1, m. 35 : pase en profundidade de Mútio sobre Nacho, záfase por velocidade dos defensores e marca a pracer.
1-2, m. 90+1 : cos veteranos malpicáns volcados en busca do empate, de novo o goleador Iván, aproveita en rápido contraataque unha saída en longo de balón para marcar o gol da vitoria.
Comentario: Partido igualado de principio a fin, sen destacar a diferenza de categoría dos cabaneses sobre os malpicáns. O Cabana, saíu a tocala pelota co fin de deixar correr os minutos, pois a vantaxe do partido de ida contaba ao seu favor. Isto propiciou que os malpicáns con roubo de balóns desfrutaran de varias ocasións de gol, (unha no primeiro tempo e tres no segundo) que erraron lamentablemente Nacho e Marcelino.
Así as cousas, foron transcorrendo os minutos nos que o oportunismo de Iván, inclinou a balanza a favor dos de Cabana, que aparta aos veteranos do Malpica da “copa” na que tiñan depositadas moitas esperanzas. Remata por tanto a tempada para eles, agora a planificar ben a vindeira tempada fichando xente que se implique e cumpra no novo proxecto.
Árbitro: Sr. Gerardo.- Regular, escamoteoulle un claro penalti aos malpicáns por derrubo a Marcelino, no m. 75 (Nota dos veteranos: ese momento podía haber cambiado as cousas na eliminatoria).
Árbitro: Sr. Gerardo.- Regular, escamoteoulle un claro penalti aos malpicáns por derrubo a Marcelino, no m. 75 (Nota dos veteranos: ese momento podía haber cambiado as cousas na eliminatoria).

Ningún comentario:
Publicar un comentario