Día precioso para xogar ao fútbol. Ao dispoñer para este partido de quince efectivos non pasamos os apuros que normalmente da a calor que fixo e aguantamos ben sobre o campo, o mesmo que o equipo rival.
Partido intenso, propio de un derbi. Ningún dos xogadores que actuaron hoxe tiña gañas de perder, era evidente. E aplicaronse a fondo. O campo non estaba mal pero non te podías descuidar porque ese tipo de chan, donde o balón ao botar pode ir cara calquer lado, pode causar moitas sorpresas.
Moita pelexa no mediocampo, donde se facían moi necesarios Mutio polos nosos e Victor Novo polo bando contrario. Sin embargo era un partido sin ocasións claras. Hasta os minutos extranamente añadidos por Gerardo. No min. 45+6 marcamos nós o 0-1 nun córner impecablemente sacado por Mutio que marca un gol olímpico. Pensábamos que acabaríamos así no descanso mais non. Dous minutos despois é o Leiloio o que bota unha falta lonxana. Chaves despexa o balón pero a defensa queda baixo paos e o balón chega a Marco que o empurra a rede, pese a que Chucho chega a desviar mais non o suficiente.
Na segunda mitade mais do mesmo. Marcan eles o 2-1 no min. 78 nunha falta sacada desde mediocampo, casi ao lado dos banquillos. Victor lanza directo e o balón entra entre unha nube de xogadores que despistan a Chaves. Tocaba nadar contra corrente e ninguén dos nosos afloxou. Pasamos a dominar o partido, que a partires de ahí sufriu bastantes interrupcións. Perdemos por lesión a Alberto de Seaia no lateral, pasando Chucho a ocupar o seu sitio. E seguimos insistindo pero sin resultado. Hasta o min. 90+3, en que un córner botado desde a dereita é impecablemente cabeceado por Alfredo.
Gerardo tivo que bregar cas protestas de casi todos os xogadores. Sacou menos tarxetas das que se podían presumir porque algúns xogadores fixéronse especialmente pesados. O que sí é inexplicable é o exaxerado tempo de prolongación nos dous tempos, especialmente no primeiro.
Noutro orde de cousas destacar a enorme cantidade de goles que se rexistraron nesta xornada das ligas de veteranos. Na liga de primeira metéronse 32 goles en 7 partidos (na anterior xornada 19 goles en 6 partidos) mentras que nesta segunda entraron 35 goles en 6 partidos cando na anterior xornada houbo 23 goles en 5 partidos), o cual da unha media de goles por partido altísima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario