Boísima mañán para disfrutar do fútbol en Malpica. Primer partido da temporada 2015-2016 contra o equipo do Poniente, plantel con unha media de edade bastante mais baixa ca nosa (cousa por outro lado non tan difícil).
Hoxe eramos trece efectivos, pasando a ser doce na segunda mitade por ausencia de Bugallo. O primeiro once da temporada foi o formado por Chaves na portería, José Regueira-Alberto de Carballo-Chucho e Alberto de Seaia na defensa, Bugallo-Leo-Alberto de Barizo e Arcay no medio, Mutio de media punta e arriba Marcelino. No banquillo de inicio estaban Luis Naya e Abel. Faltaron por temas laborais ou personais Marco, Alfredo, Gregorio e Ban ban que completan os dezasete homes que hai hasta o momento, a falta de mais incorporacións. Non quedamos en absoluto descontentos co noso xogo, podendo o resultado ser mellor (máxime cando se fallaron dous penaltis pitados ao noso favor) pero tamén podería haber sido peor.
Inicio trepidante de partido. A primeira ocasión foi nosa nunha chegada de Arcay, moi activo hoxe, pero perdiu a ocasión de marcar. E xa de seguido marcaron eles (min. 2) nunha falta lateral desde a dereita que cabecean no segundo pao e entra como unha exhalación Daniel Rama metendo gol sin que Chaves poidese facer nada, un tanto bonito. O xogo era trepidante, ningún dos dous equipos o tranquilizou. No min. 10 marcamos nós nun balón que se mandou en largo para a escapada de Arcay, o porteiro deles saliu a cortar pero enredouse (incluso deulle na man involuntariamente) e deixou o balón a pés do noso dianteiro que tirou casi sin oposición e marcou. E casi sin respiro no xogo, no min. 14, o Poniente marca o 1-2 por medio de Costoya. Tivemos a ocasión de marcar nesta primeira mitade o empate nun penalti cometido sobre Abel pero o penalti tirouno mal Mutio e saiu desviado a esquerda da portería. E perdemos outra ocasión moi boa donde casi calcamos o primeiro gol que metera o noso rival.
A segunda mitade foi un monólogo noso. Fixemos unha presión moi boa no campo deles e nosas foron as ocasións pero hoxe a pelota negábase a entrar. Tivemos un segundo penalti ao noso favor, tamén claro, e esta vez tirouno Marcelino (sale na quinta foto). Enganou ben ao porteiro pero o balón foi dar ao pao esquerdo. Os balóns iban ben dirixidos as bandas e os centros desde alí non eran aproveitados por centímetros ou cabeceados fora cando tiñamos todo a favor (o cual pasou tres ou catro veces). A nosa constancia para lograr o empate veuse recompensada no min. 80 cando mandan un balón para o desmarque de Arcay no lado esquerdo de ataque. Éste entra sólo, e cando asiste ao medio para marcar, toca para cortar o balón o número 7 do Poniente e despista ao porteiro, poñendo o empate no marcador. A inxustiza cebouse nese xogador porque hoxe foi o mellor xogador do cuadro rival cortando todo tipo de balóns que chegaban as inmediacións da defensa de Soandres.
Arbitrou Casti. Non foi mala a arbitraxe. Fallou en dous fora de xogo pitados a Leo, que non o eran (un deles non o era por un metro de diferenza). Pero neso fallan ainda os que pitan con linieres. No resto non tivo complicacións xa que os dous equipos empregaronse con nobreza, non querendo él meter tarxetas por tonterías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario