Veteranos Malpica 1 - Veteranos Corme 3: O árbitro David Cancela non estivo nada fino. Decidiu o resultado, xa que aparte do segundo e terceiro gol do Corme foron en xogadas moi dubidosas, escamoteounos un penalti clarísimo sobre Nacho, nunha xogada que o colexiado sí que podía ver pero que non considerou pena máxima (solo el, porque todo o mundo que estivo no campo o tivo clarísimo). Tamén temos que facer outra consideración. Vale que o trencilla avise ós dous equipos de que teñen que chamar a súa atención para proceder as substitucións, pero, como mínimo, él tería que estar atento a petición dos cambios. Porque levamos unha tarxeta por protestarlle que estivo moito tempo sen mirar cara o noso banquillo e non había maneira de substituír a un xogador noso.
Veteranos Malpica 1 - Veteranos Xornes 0 : Arbitrou D. Iván Ferreiro. Ben en liñas xerais. Os nosos reclamaron un penalti por patada a Arcay no talón.
Veteranos Malpica 0 - Veteranos Fisterra 1 : Arbitrou D. Juan Marcos Ríos Suárez. Bastante serio, aínda que se preocupou mais de acalar as nosas protestas na bancada por outra entrada do nº 3 fisterrán ó noso porteiro (cando antes xa o había feito con Arcay) que de sacar algunhas tarxetas mais polas patadas dadas. Xa dicíamos antes que é incrible que o lateral nº 19 do Fisterra saíse do campo sen un só cartón. Esas patadas e pisadas que se daban cando un xogador acababa de soltar o balón non foron motivo de castigo ou reprobación para o colexiado de hoxe.
Veteranos Soandres 1 - Veteranos Malpica 2 : Arbitrou D. Diego Echevarría Fiaño. Nada que dicir, pasou totalmente desapercibido, salvo na única amarela que amosou. Seguiu o xogo de preto e non houbo xogadas conflitivas. Moi cordial cos xogadores e boa a súa labor.
Veteranos Malpica 0 - Veteranos A Piña 3 : Arbitrou D. Daniel Martínez Ferreiro. Moi correcto. Para nós, o penalti pitado tivo dúbidas, porque Luis instintivamente puxo as mans xa que o pelotazo íalle á cara (haber quen sería o temerario que non houbese feito o mesmo) e no segundo gol puido pitar un fora de xogo, porque, por moito que o dianteiro que estaba en posición ilegal parouse, os defensas si que tiveron que estar pendentes de el. Pero, aparte de iso, si que seguiu o xogo moi preto e non se complicou con cousas raras. As tarxetas mostradas si que o foron.
Veteranos Nantón 1 - Veteranos Malpica 2 : Arbitrou David Vázquez Lema. Non tivo excesivas complicacións. Si que lle reclamamos a xogada do gol rival. Mais en xeral, tivo unha actuación discreta. Iso si, non era moi pródigo a pitar faltas que cortaran o xogo. E non sacou ningunha tarxeta.






Ningún comentario:
Publicar un comentario