FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 15 de novembro de 2021

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE SOFÁN 2 (Xornada 1)

Tempo soleado e frío en Pedra Queimada.
Goles: 0-1 (Min. 21) : José Eirís Cancela. 0-2 (Min. 57) : Luis Heredia Gallardo.
Resultado xusto no partido. O Sofán fixo casi pleno de efectividade pois meteu dous das tres ocasións de gol que tivo e adicouse a controlar o partido. O Malpica, con moitas baixas e significativas, non estivo nunca cómoda sobre o campo e só dispuxo de unha oportunidade nunha escapada cara portería de Joshua (xa co 0-2 no marcador), que estrelou por dúas veces o balón no pao.
Arbitrou Manuel Rodríguez Rojo. Arbitraxe aceptable agás na xogada da expulsión de Leo. Non censuramos a xusta tarxeta bermella ó noso compañeiro porque tiña que haberse controlado e non o fixo. Pero a maioría dos que estábamos no campo creíamos xusto que a expulsión fora tamén para o número 24 do Sofán que berrou (e todos no campo o oímos ben, agás o colexiado) un "me cago en tu p... madre¡¡¡", despois de unha forte entrada do noso centrocampista i era merecedor da mesma cor na tarxeta. Non tardou o citado xogador sofanista en ser expulsado por unha segunda tarxeta amarela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario