FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

venres, 29 de abril de 2022

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE NANTÓN 1

Boa tarde-noite en Pedra Queimada para xogar o partido. Estreamos a iluminación, nada que ver ca que tiñamos fai anos. Excelente impresión causou en ambos conxuntos.
....................................................
Goles:
0-1 (Min. 14) : Luis Giance.
1-1 (Min. 15): Joshua.
2-1 (Min. 66) : Palermo.
3-1 (Min.76): Gurita.
.........................................................................
Partido xogado de poder a poder. Con este resultado, aseguramos promoción de ascenso como mínimo. Collemos ao Nantón con un Luis Giance en plena forma. Proba diso foi o primeiro gol do partido, un balón que recolleu en tres cartos de campo e clavouno na nosa portería sin que Suso Malpica pudese facer nada. Grazas que no siguinte minuto Joshua probou a tirar e saiulle outro gol espectacular. Empate ao descanso bastante xusto.
Na segunda mitade outro tanto do mesmo. O Nantón ten un conxunto moi equilibrado. E mais, estamos convencidos de que si eles tivesen un porteiro coma Suso Malpica na portería e nós a un xogador de campo coma eles (que o fixo moi ben, tampouco o vamos a negar), outro galo cantaría. Pero non foi así e o partido terminouse decantando ó noso favor. Tamén o noso ataque funcionou ben. Un segundo gol de Palermo, cabeceando un gran centro de Arcay desde a dereita, mais un terceiro de Gurita definiron o resultado final. Pudo achegarse o Nantón no marcador mais ahí seguía aparecendo un imperial Suso Malpica para abortar xogadas de gol claras.
Encargouse da arbitraxe D. David Vázquez Lema. Segunda vez que nos arbitrou. Moi tranquilo, deixou pasar varias entradas fortes e non puxo cartóns. Non foi determinante no resultado.
..............................................................

Ningún comentario:

Publicar un comentario