TEMPORADA NÚMERO DEZAOITO

TEMPORADA NÚMERO DEZAOITO
SI ENTRAS AQUÍ VERÁS ÓS 92 XOGADORES QUE TIVEMOS NAS NOSAS FILAS

domingo, 12 de xuño de 2022

VETERANOS ARASOLIS 4 - VETERANOS MALPICA 0 (ACABOUSE A TEMPORADA 21/22 PARA NÓS)

Bo tempo para xogar no Novo Cubeleiro de Corcubión.
...................................................
Goles:
1-0 (Min. 10): Guardiola.
2-0 (Min. 16): Tata.
3-0 (Min. 48): Luis Do Prao.
4-0 (Min. 51): Pesca.
............................................
Partido con pouca historia. Xa no min. 16 gañaba o Arasolis por 2-0. Un prantel curto pero con maioría de xogadores das quintas do 84 ó 87 (cousa que non é comparable a que nós presentamos). Aparte da edade, tamén a maioría dos seus xogadores xogaron ó fútbol en cotas altas e podían perfectamente estar xogando nos postos altos de unha segunda ou primeira rexional. Meteron finalmente catro mais Nacho parou outras catro ocasións inmellorables que xa se cantaban. Diferencias claras entre unha división de honor e unha primeira división que non quedaron tan claras na nosa anterior eliminatoria.
Pero hai xogadores que non están pola labor de que os encontros tan claros no marcador non discurran por cauces deportivos. Si cando eles xogaron a súa única temporada en primeira foi Zeus o que deu a nota, esta vez foi Jesús o que se adicou a meterse con Leo, un xogador que tiña edade para poder ser seu pai. Este xogador non amosou categoría para xogar nos veteranos e tampouco foi cambiado polo seu entrenador.
.........................................
Arbitrou D. Carlos Señarís Balsas. Digamos que pasou abondo de poñer orde (non puxo nin unha soa tarxeta) e cortar os problemas que surxiron. Ata perdonou a expulsión por agresión de un xogador fisterrán. Foi unha perda de nervios da cal se arrepentiu e veu a pedir perdón ó acabar o partido. Pero pudo armarse gorda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica, xogador co número 20 as costas. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.