FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de novembro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE CASTRIZ 2 (XORNADA 7)

Bo tempo en Pedra Queimada ainda que comenzamos con trece grados pola xeada. Pero o sol domiñaba e deixou todo en boas condicións para o fútbol.
Veteranos de Malpica: Suso; Milli, Fenosa, Diego, Luis; Casqueiro, Mutio, Dieguito; Álex, Lema e Sergio. Xogarían tamén despois: Alberto de Carballo, Carlos, Chols, Nacho e Pedro de Xoane.
Goles:
0-1 (min. 60) : Souto. 0-2 (min. 68): Martín Gemelo.
.........................................................................................................................................................
Partido bastante equilibrado. Pero o Castriz tivo prácticamente as ocasións de gol (dúas na primeira parte, nas que Suso estivo inmellorable e as dúas dos goles na segunda), mentras que nós sólo tivemos dous achegamentos en escapadas de Carlos e Lema, ós que lle faltou algo de fuelle para achegarse ó balón antes que o fixese Dylan Calvelo.
Chegamos ó descanso empatados a cero, con moitísimo traballo e control de ambos equipos. Nós tiñamos a dianteira habitual baixo mínimos (Richard baixa e Lema mais Nacho tocados) pero o mediocampo fixo un traballo encomiable, Dieguito chegaba a todos os balóns. No Castriz gustóunos moito a defensa mais o traballo dos irmáns Martín e Iván, xogan moi ben ó fútbol.
O nivel rompeuse na segunda mitade en dez minutos. Dúas xogadas calcadas entre os minutos 60 e 70, nas que non presionamos ben ós xogadores que recolleron o balón e serviron entre as liñas da nosa defensa ós goleadores, que cruzaron o balón diante de Suso, as dúas veces pola súa esquerda.
.........................................................................................................................................................
Arbitrou D. Vitor Recarei Añón. Boa arbitraxe a súa. Os dous equipos reclamamos un penalti por man pero nos dous casos a xogada era susceptible de que a posición do corpo era natural. Sólo puxo un cartón por equipo pero é que o xogo foi limpo, disputado pero limpo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario