FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 24 de novembro de 2024

VETERANOS DE SOANDRES 7 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 8)

Non era malo o tempo hoxe, xa que, ainda que había vento, un dos mellores campos para xogar con vento é o municipal de Laracha. A temperatura, moi alta para estas fechas do ano.
Entramos en barrena e non nos referimos ó resultado. Si de 24 efectivos xuntamos só 15, dos cales se lesionaron 4 (dous de bastante importancia), vemos que pasamos realmente problemas.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Diego, Fenosa, Luis; Álex, Leo, Marcos, Dieguito; Richard e Lema. Xogarían tamén despois Chaves, Chols, Pedro de Xoane e Sergio.
...........................................................................................................................................................................
Goles:
1-0 (min. 7): Alberto Souto; 1-1 (min. 9): Lema ; 2-1 (min. 36) Alfonso.
3-1 (min. 57): Alberto Souto; 4-1 (min. 67): Buitrago; 5-1 (min. 70): Moar; 6-1 (min. 85): Buitrago; 7-1 (min. 89): Moha.
................................................................................................................................................................................
Nada facía presaxiar a debacle. Ó primeiro gol (magnífico) do Soandres repostamos inmediatamente nós con outro gol (tamén mágnifico) noso. Pero, ó pouco, xa tivemos o primeiro contratempo, a lesión de Dieguito. E pouco despois, a segunda de Diego. Dous pilares importantes neste partido, polo seu rendemento, fora ás primeiras de cambio. Eso, unido a fallos clamorosos nosos en boca de gol. Ata tres goles claros fallamos por parte de Chols, Richard e Sergio, que tiraron ó corpo do porteiro con toda a portería para eles. E claro, ó non facelo, pasou o que tiña que pasar, que marcaran eles o segundo gol e chegaran ó descanso con ventaxa.
A debacle da segunda parte tivo un fallo importante por parte da dirección deportiva. Vendo que o ataque noso necesitaba algo mais, saliu Nacho para diante e pasou Chaves a portería. Con iso pegámonos un tiro no pé. Porque diante, salvo a primeira ocasión desta segunda parte, donde Nacho fallou un gol cantado cando chegou só diante de Carlos Vicente, pero non conseguiu sobrepasalo, o marcador reflexa a inmensa superioridade do Soandres. Moi poucos se salvan da queima do noso equipo. Pasamos a ser un equipo ramplón, moi doado de sobrepasar. Prácticamente cada ocasión dos rivais foi gol. Pero, aparte, o dominio era total en todas as partes do terreo de xogo. Baixamos os brazos, deixando pasar o tempo ata o final.
.......................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Pablo Bustabad Gomes. Desapercibido. Soamente fallou no cuarto gol, que era fora de xogo claro de Buitrago. Pero a goleada non foi para nada culpa de él.
......................................................................................................................................................................................
Lamentar finalmente a lesión do xogador do Soandres, Juan Luis, que tivo unha lesión tremenda (creemos que rompeu o talón), cando o partido estaba preto do final. Esperemos que non se cumplan os peores pronósticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario