FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de marzo de 2025

VETERANOS DE MALPICA 6 - VETERANOS DE BUÑO 0 (XORNADA 22)

Tempo soleado ainda que bastante mais frío do que se supoñía.
Veteranos de Malpica: Suso; Luis, Alberto, Fenosa, Chaves; Nacho, Mutio, Diego, Álex, Charli; Lema. Tamén xogarían despois Carlos, Casqueiro, Chols, Leo, Manu, Marcos, Nando, Pedro de Xoane, Richard e Sergio. Primeira vez que xuntamos tanta xente, prácticamente outro equipo para acompañar a Suso. Toda unha papeleta para Dourado, que se solventou moi ben, con moita sintonía entre o mister e os xogadores.
Goles:
1-0 (min. 3): Nacho. // 2-0 (min. 23): Álex.
3-0 (min. 55): Nacho. // 4-0 (min. 71): Nacho. // 5-0 (min. 73): Richard. // 6-0 (min. 86): Richard.
Partido moi doado pola nosa parte xa que os rivais, aparte de ter baixas significativas, non tiveron (como na ida) porteiro específico, tendo que sufrir esa contingencia co incombustible Prosineki, que abondo fixo con aguantar debaixo dos paus. A diferencia do partido de ida, nós sí xogamos mellor e tivemos mais efectividade (dez oportunidades de gol, con seis goles, por seis ocasións sin resultado para o Buño, que nin o gol da honra pudo meter). Con este resultado, colocámonos terceiros na liga, empatados con eles pero con mellor gol average despois de haber gañado nos dous encontros disputados.
.....................................................................................................................................................................
Na primeira parte, agás os goles, houbo as seguinte ocasións: no min. 16, Lema, en posición franca para marcar, remata de cabeza un centro que se vai preto do pau dereito. No min. 26, foi o uruguaio Washington o que tirou, tapando moi ben Suso lanzándose a súa dereita. No min. 33, asistencia de Sergio cara a carreira de Richard que quixo elevar diante da saída de Prosi; mais o porteiro chega ó balón ca punta dos dedos e desvía. Por último, no min. 45, nun balón doado para despexar, Chols quere ceder a Suso pero métese en medio Víctor Vilar facendo a Suso despexar "in extremis".
Na segunda mitade, agás dos goles, houbo as siguintes ocasións: No min. 52 Nacho adiántouse a Prosineki cando pretendía despexar un balón en largo pero o noso dianteiro quedou moi descolocado e cedeu a Chols, que tirou mal e desviado. No min. 58, fanse un lío Diego e Fenosa, aproveitandose da situación Joaquín Muñoz, que fixo o mesmo que fixo Nacho na anterior, driblar a Suso i escorarse, cedendo atrás a Angel Casal, que tirou mal e parou Suso. No min. 64, Chols tirou ben pero o balón saiu algo desviado. No min. 70, Angel Casal presentóuse só diante de Suso pero o noso porteiro tapou ben. No min. 72 foi Martín o que tirou forte desde lonxe e fixo a Suso lucirse no despexe. E no min. 85, o Uru chegou ben a liña de fondo e cedeu atrás cara Víctor Vilar, mais o seu tiro saiu desviado.
...........................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Oscar Santos Rodríguez. Ningún problema, favorecido polo encontro dónde non se deu unha mala patada a ninguén. Así deberían ser todos os derbis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio