Páxinas

domingo, 27 de abril de 2025

VETERANOS DE CORISTANCO 4 - VETERANOS DE MALPICA 1 (COMENZO E FINAL NA COPA DA COSTA DE VETERANOS)

Tempo tremendamente soleado para xogar, con un pouco de calor.
Veteranos de Malpica: Suso; Chaves, Fenosa, Alberto, Luis; Charli, Mutio, Álex, Chols; Lema e Nacho. Despois xogarían tamén Marcos, Milli e Pedro de Xoane. Pouca xente para vintacinco fichas que temos. Pero tendo sete lesionados/enfermos e catro que non puderon vir...
Goles:
1-0 (min. 49): Pichel, de penalti. 1-1 (min. 55): Chols. 2-1 (min. 73): Carliños. 3-1 (min. 78): Barca. 4-1 (min. 84): Barca.
......................................................................................................................................................................................................................................
Dúas partes diferenciadas. Na primeira bastante control por parte dos dous equipos e poucas ocasións, dúas para cada equipo. A mais clara a tivo Nacho no min. 35, cando recortou ó defensa cara a dereita e tirou por baixo, facendo Cotelo un paradón.
Na segunda mitade viñeron os goles. Ó primeiro deles, nun penalti feito por Suso, respostou Chols con un bonito gol, tirando unha vaselina levantando o balón desde un lateral do campo. Tivemos ata tres oportunidades mais (entre o min. 66 e 70) para adiantarnos por medio de Lema e dúas veces Nacho (a última nunha asistencia de Charli perfecta en carreira que volveu a parar Cotelo), pero non pudemos concretar e marcaron eles. Ainda tivo Mutio unha moi boa para empatar, facéndose co balón e levantando sobre a saida do porteiro. Pensando nós que xa era gol, o balón botou na parte de arriba da portería. E do posible empate, dous minutos despois marcaron o 3-1 e acabaron cas nosas esperanzas. Xa baixamos os brazos e marcaron outro mais.
............................................................................................................................................................................................................................................
Arbitrounos por vez primeira D. Roberto Baña Amado. Moita xuventude pero tamén saber estar. Ningún dos dous equipos tivo nada que queixarse da arbitraxe. Non quixo poñer ningunha tarxeta por moito que sí houbo algunha entrada merecedora de esa amonestación. Pero o partido transcurriu por cauces moi deportivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario