Páxinas

domingo, 21 de setembro de 2025

INICIO DA LIGA : VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE NANTÓN 1 (XORNADA 1)

Non libramos dos chuvascos. Os de afora resgardamos deles mais os xogadores molláronse abondo.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Fenosa, Eloy, Jorge; Charli, Álex, Diego, Josiño; Lema e Richard. Despois xogarían tamén Leo, Luis, Manu, Markitos, Miki, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
1-0 (min. 22): Richard, de penalti a Lema.
1-1 (min. 83):Martín Varela.
Empate xusto entre os dous equipos. Calquera dos dous puido haber levado o resultado ó seu favor pero os dous controlaron bastante o xogo. Gustounos moito o Nantón.
Arbitrou D. Tomás Garrido Suárez. Fixo ben. Acertou nas dúas xogadas mais polémicas, o penalti ó noso favor e a expulsión de José Suárez (que era o último home cando agarrou sen deixar seguir a Richard e se dispoñía a encarar ó porteiro. Sempre dicimos que unha expulsión en veteranos debe tentar evitarse pero o regulamento é o regulamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario