FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 28 de setembro de 2025

VETERANOS DE SOANDRES 0 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 2)

Tempo e campo moi aceptables. Agradécense estas condicións para xogar.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Manu; Luis, Mutio, Álex, Diego; Jorge e Lema. Tamén xogarían despois Pedro de Xoane e Sergio. Moi poucos efectivos para xogar (os que faltaron facían un equipo enteiro). Os nosos rivais tiñan bastante mais ainda que no descanso marcharon catro i equilibrouse mais a cousa.
Gol: 0-1, Sergio (min. 73).
Moi poucas ocasións de gol (dúas por equipo) pero moi claras. Na primeira mitade o único disparo relevante foi nun ataque do Soandres, chegando só o dianteiro diante de Eloy e, cando nós temíamos o gol, o seu tiro deu na base do pau esquerdo.
Como dixéramos antes, ca marcha de catro xogadores locais no descanso equilibramos o partido. Marcamos o gol definitivo i, desde eso, eles tiveron un disparo que iba a escadra dereita, facendo un paradón Eloy. Pola nosa parte, logrou escapar Lema pero, en lugar de tirar por baixo a un dos lados de Alfonso, optou por tentar levantar o balón pero non o suficiente para sobrepasar ó porteiro. Seguramente o empate tería que haber sido o resultado xusto.
Arbitrou D. Diego Echevarría Fiaño. Moi ben, cómo as outras veces que nos arbitrou. Pudo haber algunha disputa ou fora de xogo no que non tiveramos de acordo. Mais en xeral foi unha moi boa arbitraxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario