FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de outubro de 2025

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE MAZARICOS 0 (XORNADA 4)

Un tempazo, como a anterior semana. É moito gusto xogar ó fútbol así.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Diego; Álex, Charli, Markitos, Lema; Richard. Xogarían tamén despois Leo, Luis, Marcos, Miki e Sergio. Non o faría Carlos, que se presentou por si facía falla na portería, xa que había dúbidas cá presencia de Eloy. Moitos mais efectivos que o Mazaricos, que só tiña un cambio.
Goles:
1-0 (Min. 8): Richard.
O míster (Choiva, que tivo que poñerse a dirixir, en ausencia de Dourado), dispuxo un centro do campo con Diego por diante da defensa mais outros catro apoiando, e só Richard en punta.E o partido empezou moi ben para nós con gol tempraneiro de Richard, na asistencia de Lema. Mais, como pensábamos, o equipo rival (que sabe xogar ben ó fútbol) vendeu moi cara a súa pel. Cada balón era pelexado polos dous equipos.
Na segunda parte puidemos ampliar a vantaxe. A mellor ocasión foi nunha falta directa lanzada por Lema, que a estrelou no traveseiro. Non foi gol e deu lugar a que tivésemos mais que sufrir porque o Mazaricos avanzou e o marcador non era definitivo. Sufrimos o seu dominio, non eramos capaces de sacar o balón en condicións. Pero as súas escasas oportunidades foron neutralizadas por un Eloy que se mostrou moi seguro en todo o partido. Nos últimos quince minutos estabilizamos mais o xogo e non tivemos mais problemas.
Arbitrou D. David Castro Varela. Perfecto, pasou desapercibido a maior parte do partido. Pitou moi acertadamente. E cando se trabucou (non dando unha vantaxe nun balón que sacaba o Mazaricos), non tivo reparos en pedir perdón ó equipo rival ó pitar falta no comenzo da xogada. Tamén axudou a actitude dos dous equipos, non se deu unha soa mala patada. Así da gusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario