FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de febreiro de 2026

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS SP. BÉRTOA 0 (XORNADA 18)

Seguimos tendo sorte con o tempo. Nin unha gota de chuvia caeu en toda a mañá. Antes de empezar o partido fixemos un minuto de silencio en homenaxe a Jesús de Ouréns.
Veteranos de Malpica: Manolo Villar; Eloy, Fenosa, Alberto, Jorge; Charli, Álex, Diego, Markitos; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Leo, Luis, Manu Abelenda e Nando. Debutou con nós na portería Manolo Villar.
Goles:
1-0 (min. 46): Eloy.
Partido moi duro o xogado hoxe. Realmente o partido debería terminar con un 0-0 ou 1-1 perfectamente, porque as ocasións claras escasearon. Na primeira parte puideron adiantarse os do Bértoa cando o seu número 10 (José S. Romero) escapou en solitario i elevou o balón diante da saída de Manolo. O balón deu no traveseiro pero caeu de volta ao campo, aínda que o dianteiro quería velo dentro. Nós xogábamos moi atropelados, facíamos todo ao revés. O fútbol fácil non se aliaba con nós, sempre malogramos o último pase. Tivemos a nosa ocasión mais clara chegando ao descanso, cando Diego conseguiu aparecer só diante do porteiro e tocar o balón pola súa dereita. O balón pasou do porteiro pero dirixiuse moi manso cara portería, con tempo para que chegara a defensa.
No descanso, tivemos oportunidade de sacar unha foto coa familia de Jesús de Ouréns.
Empezamos mellor a segunda parte.De feito, Richard acertou a chegar a liña de fondo e o seu pase ao centro foi aproveitado por Eloy para remachar o gol. Pero seguimos xogando ao revés, cando tiñamos que pasar regateabamos e cando tocaba regatear pasábamos. Os rivais tiveron outra ocasión donde escaparon cara porta e Manolo Villar saíu a cortar o balón. Chegou tarde e tirou ao dianteiro. O árbitro non quixo sacar vermella porque o balón xa marchara das botas do caído aínda que non foi para gol. Sacou só amarela diante das protestas do Sp. Bértoa.
Arbitrou Vitor Recarei Añón. Luces e sombras. Para nós, non amosou todos os cartóns que deberían ser, polas zocadas que houbo por parte do Sp. Bértoa (a súa parella de centrais é temible). Para eles, a xogada de Manolo Villar tiña que ser sancionada con vermella. Tamén viña avisado de que non se podía permitir nin aneis, nin pulseiras nin pendentes e avisou. Aparte de avisar ao delegado, sancionou a Eloy por ter un pendente na orella tapado. Ten mais sanción ir cunha xoia tapada cun esparadrapo que unha patada feita con aleivosía. Pero si que ven no regulamento, e si que avisou.
Por último, sacamos unha foto todos pola campaña de apoio a investigación do cancro infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis antiga Inicio