FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de outubro de 2026

VETERANOS DE SOFÁN 0 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 4)

Volta a temperatura agradable e o ceo nublado, sin que a auga aparecese.
Veteranos de Malpica: Suso; Koki, Fenosa, Alberto, Jorge; Álex, Mutio, Charli, Diego; Richard e Lema. Xogarían tamén despois Luis, Marco, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles: 0-1 (min. 56): Marcos. 0-2 (min. 86): Fenosa. 0-3 (min. 90+1): Richard. 0-4 (min. 90+3): Fenosa.
Voltamos a repetir o resultado do amigable que tivemos antes de empezar a liga. Pero os partidos foron completamente diferentes. Esta vez o resultado foi bastante enganoso. Porque o choque foi mais igualado do que o resultado indicou ao final do mesmo.
Na primeira metade non houbo dominador claro e moi poucas ocasións. Claras só houbo unha para cada equipo. A primeira para eles cando o balón chegou en moi boa posición a Kevin, que lanzou fóra. E a nosa foi para Luis, que controlou un pase de Alberto nunha posición inmellorable (mellor aínda que un penalti) e, con todo ao seu favor, lanzou ao sitio do porteiro, que xa se vía batido.
A segunda metade foi mais de dominio noso. Pero, tal e como pasara antes, non conseguíamos enlazar boas xogadas. Antes de estrear o noso marcador, aínda tiveron eles un bo tiro desde fóra da área que atrapou con axilidade Suso. Pero as xogadas de ataque eran maioritariamente nosas e Marcos acertou a meter a punteira da bota e marcar o 0-1.Seguimos dominando e no min. 86 Fenosa pelexou un balón que era mais da defensa sofanista, forzando o córner. De aí saíu un centro que cabeceou o noso xogador cara gol. Xa nos derradeiros minutos o Sofán baixou o ritmo e metemos dous goles mais nunha escapada de Richard e outro remate certeiro de Fenosa. Non mereceu o Sofán unha derrota tan avultada.
Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Dixo unha verdade como un templo, non era un partido de champions e que os dous equipos nos relaxaramos un pouco. Porque a verdade, desde fóra, fixo unha arbitraxe lóxica, sen cortar moito o xogo. Non lles pareceu o mesmo aos xogadores, que crían que tiña que pitar mais faltas e sacado algunhas tarxetas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario