FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
Amosando publicacións coa etiqueta ACTUACIÓNS ARTÍSTICAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTUACIÓNS ARTÍSTICAS. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de setembro de 2026

VETERANOS DE SOANDRES 5 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 1)

Tempo soleado e calor axfisiante. Botaronse de menos as pausas de hidratación.
Veteranos de Malpica: Jorge; Koki, Fenosa, Alberto, Manu; Muti, Casqueiro, Charli; Lema, Markitos e Álex. Xogarían tamén despois Luis, Marcos, Pedro de Xoane e Sergio. Nove baixas (Suso, Eloy, Marco, Diego, Richard, Carlos, Leo, Nando e Rafa) que facían moita falla. Os rivais, no seu caso, presentaron sete cambios (curiosamente tiñan tamén nove baixas pois dispoñen de vinta e sete fichas).
Goles:
1-0 (min. 5): Jair. 2-0 (min. 24): Kike. 2-1 (min. 44): Lema.
3-1 (min. 68): Kike. 4-1 (min. 80): Mohamed. 4-2 (min. 82): Charli. 5-2 (min. 86): Kike.
Xogamos cun xogador de campo de porteiro e fallamos moito diante da portería rival. Non fallou o rival donde o nº 26, Carlos Enrique Yaipen, marcou un hat-trick e tanto el como o nº 8, Guillermo Jair Velasquez erixironse nos homes clave do partido. Todo iso, mais a calor e o deixarse levar explicaron o resultado do partido, calcando o mesmo que nos pasou fai dúas temporadas neste campo e contra o mesmo rival (7-1 daquela). Moito que mellorar no noso caso.
Arbitrou D. Elisardo Javier Mella Fernández. Luces e sombras. Boa forma física e arbitraxe seria pero concedeu moito xogo brusco. O cuarto gol do Soandres era un fora de xogo claro e compensou inmediatamente no segundo gol noso, que foi falta clara ao porteiro. Mal.

xoves, 2 de xullo de 2009

FESTIVAL "MULTIDISCIPLINAR" (FM MUSIC FESTIVAL) EN MALPICA

Esta fin de semana hai en Malpica un festival "multidisciplinar", anunciado polo concello. Unha boa excusa coma outra calquera para darse unha volta polo pobo. O título ven dado porque polo visto van mezclar un pouco de todo: artesanía, deportes, alimentación biolóxica, terapias alternativas e desenvolvemento sostible. Todo elo misturado con música que vai desde o pop-rock hasta a música experimental e electrónica. E non, non actúan (porque non lles deixan, que si non...) Asfequinho do Nacemento nin Saleirito XVI. Parte dos grupos que anunciaron teñen mostra da sua música en You Tube e soa bastante variada e nada mal. A ver que vos parece.




venres, 27 de febreiro de 2009

O CACHONDEO NO FÚTBOL (E NAS DUCHAS)


De pachangas de fútbol e de duchas. O humor que non falte: Mojinos Escozios.

martes, 16 de decembro de 2008

OS VETERANOS DE MALPICA QUEREMOS DESEXARBOS UNHAS BOAS FESTAS EN PAZ (E CON SAUDE)


Cómo estamos nunhas datas entrañables, para celebrar en familia, reunimos ao noso coro dos veteranos, formado por xente do equipo e alguns coñecidos(si queredes ver mellor a foto pinchade duas veces nela), para dedicarbos un villancico. Poñedelle a música das "muñecas de famosa" e a letra dí así :



Os veteranos de Malpica
vanse xuntos ao portal
para pedirlle ao neno
unhas birriñas que tomar.

Dí o neno, que non é tonto:
ide todos traballar
que son novo, estou no paro,
e non teño cartos para ná.

Taberniñas de Malpica,
quen as poidera pisar,
espero pasar dos trinta
para en veteranos xogar.


¡¡¡¡¡¡¡ FELICES FESTAS !!!!!!

luns, 15 de decembro de 2008

¿QUÉN É, PAQUIRRÍN OU MANOLO?


Fai tempo, oín de estos videos de Ulap2 en youtube. Gustoume moito éste de Paquirrín. Está moi ben feito. Por certo, eu vexo o gran parecido físico que ten Paquirrín con Manolo, o bravísimo lateral dereito do Corme. E aproveitando as imaxes, doulle un consello a meu amigo: Manolo, creo que vas ter que seguir currando, tío. A pesar do que canta Paquirrín, non te creas que sería fácil conseguir cartos da forma que amosa. Salvo que teñas una nai rica coma él (ou un pai, o mesmo da).

xoves, 11 de decembro de 2008

APOIO A CULTURA


Nunha campaña de sensibilización coa cultura e o arte local, o equipo de veteranos de Malpica patrocina ó grupo de teatro "Raigañas", unha mítica e pionera asociación multicultural.

¡Estades todos invitados a obra de teatro que se vai a celebrar no local Social de As Pozacas o día 28 deste mes de decembro, donde as "quinceañeras" protagonistas darán boa conta dun despliegue sen precedentes, do todo o seu arte e experiencias acumuladas o longo de todos éstes anos.
¡Aí, vos deixamos cunha parte dun "sketch" da obra "As viúvas alegres"!
¡Pa non perdelo!

venres, 5 de decembro de 2008

DEDICADO A "ASFEQUINHO DO NASCEMENTO" (CON APRECIO)



Por si non o sabiades, no noso equipo temo-la máquina mais demoledora de cantar rancheras: Asfequinho do Nascemento. Non hai festa rachada do noso equipo en dónde, si hai actuación musical, non jaleemos a Fernando e os seus boys cantando "O rei". Disfrutamos como enanos. Tendo sempre na mente ese tema interpretado "a sua maneira"(certamente moi digna), topamos con esta actuación (tamén super rompedora) de Cantinflas, e acordousenos o estilo(da rancheira, non da borracheira) e queremos dedicarlla. Son oito minutos e pico pero creo que pagan a pena. Vos xuzgaredes.

xoves, 4 de decembro de 2008

MAIS MINUTOS MUSICAIS: ANDRÉS DO BARRO E THE DOORS

Para seguir coa mistura de xeitos na música, vamos con outra boa mostra da música nosa mezclada con música americana. Atentos ao estilo do teclista (creo que estaba mellor xogando en veteranos e tomando as cañas):

luns, 24 de novembro de 2008

MINUTOS MUSICAIS: OS TAMARA E THE BANGLES

Xa que quitamo-la música do blog porque nos ibades a correr a patadas (por non decir outra cousa) fómonos coa música a outra parte. Eleximos unha mezcla de música galega da de sempre e música pop porque non sona tan mal. Si non vos apetece esta versión, buscade a versión orixinal no casillero que aparece de You Tube. Ésta e a nosa:

sábado, 22 de novembro de 2008

PARA MARIÑEIROS NOS : A MORTE TEN UN PREZO (200 EUROS)

Ainda que vos é moi doado pulsar o enlace de Suso Lista que hai neste blog e botarlle unha ollada as obras de arte que fixeron, cústame non reflexar outro dos momentos estelares da serie. Aquí o tendes con banda sonora espléndida incluida (con guiño incluido a música do "equipo A".

venres, 14 de novembro de 2008

PARA OS QUE NON VIRON POLO DE AGORA A SERIE "PARA MARIÑEIROS NOS"



Na parte dereita desde blog recomendamos o blog de Suso Lista, que trae entre outras cousas moi recomendables (tanto como o del) a serie "para mariñeiros nos". E unha homenaxe a que queremos facerlle desde aquí. Calquera dos capítulos (A morte ten un prezo (200 euros) - O botellón - Eu tamén quero coñac - etc... así como o que vos mostramos hoxe) é para sacarlle o sombreiro. Retranca para dar e tomar. Humor da Costa da Morte en estado puro. Dedicadelle uns minutos, si queredes reirvos un anaco.

xoves, 13 de novembro de 2008

CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DOS DAMNIFICADOS






Según novas de última hora as ovellas descarriadas volveron o seu redil, a súas familias, refuxiadas nas súas casas por medo as represalias dos veciños, foi o detonante para que ingresaran na Orden das Veteranas Descalzas de Clausura.
Esta circunstancia levou a organización dun macroconcerto a favor dos desprazados, coas actuacións estelares de Emilionardo Dantés, e Georgie Dan co seu ballet brasileiro "Petardinhas" donde desplegaron todo o seu arte, (aínda que non o desplagaran todo era moito mellor). ¡Algúns asistentes o concerto aseguraron que preferían pasar fame e incluso morrer antes que presenciar outra alucinación musical coma esa!
En declaracións á prensa rosa, a sogra de Tonona Blue Faneca e Amilio de Mairena, agora coñecidas como Sor Maruja de Neaño e Sor Marajota: - ¡Non fajo bo deles! afirmaba a ó programa "Aquí Hay Rabizas!.
- "Eu xa se avisei as miñas fillas, que notaba algo raro cando viñan apañar as patacas con aqueles tacóns tan altos e con aqueles beizos pintados; os veciños xa notaban que algo non ía ben; pero hai que tomalas como veñen, ¡en tódalas casas se cocen fabas!.

martes, 14 de outubro de 2008

CORRIDA SEN PRECEDENTES EN PEDRA QUEIMADA










O entrenador do Malpica, Martur-hana, nun alarde de valor e osadía quixo enfretarse el só, a once morlacos da gandería de San Lorenzo, a faena non tivo mal de todo, dou un par de pases maxistrais, pero os banderilleiros non estiveron a altura e o final foi empitonado duas veces, donde a columna perde o seu nome.
Tivo que remata -la faena Castriño "El Chuli", e o final foi sacado a hombros polos seus compañeiros ata o contenedor de lixo máis preto, xa que según os entendidos taurinos "nin pa reciclar valía".





martes, 7 de outubro de 2008

LOCURA FUTBOLÍSTICA


A segunda actuación do grupo de balet dos veteranos de fútbol de Malpica "Febra Boys", foi a máis aclamada, con ésta actuación acadarónse as maiores cotas de desmaios que recorda a catedral do fútbol da Costa; o equipo visitante quedou fascinado. Mentres a maioria deles "jomitaba" na banda, a ambulancia do 061 atendía varias taquicardias, os servizos sociais do concello daban axuda psicolóxica por dous intentos de suicidio e o párroco de Malpica daba a extrema unción a dous xogadores.

O grupo tivo que ser escoltado ata os vestuarios, a xente non quería deixalos marchar (vivos). O capitán do Leiloio - preguntado pola recepción recibida- apenas podía articular palabra; supoñemos que pola sublime calidade do despliegue do folclore local.

Novas de última hora, aseguran que o gabinete de abogados do Leiloio, pensan en adoptar medidas legais, contra o Malpica de veteranos por utilización de armas de destrucción masiva, penada con inxección letal pola O.N.U.

AS MASAS ENLOQUECERON



A segunda actuación do grupo de mariachis aficionados "Samantha Dós Thias", foi a máis aclamada, con esta actuación acadaronse as maiores cotas de histerismo colectivo que recorda a catedral do fútbol; o equipo visitante quedou fascinado. Mentres a maioría deles vomitaba na banda, o 061 atendía os baixóns de tensión e varias taquicardias e os servizos sociais do concello daban axuda psicolóxica os damnificados.


O grupo tivo que ser escoltado ata os vestuarios, a xente non quería deixalos marchar (vivos). O capitán do Leiloio - preguntado pola recepción recibida- apenas podía articular palabra, supoñemos que pola sublime calidade do despliegue do folclore local.


Novas de última hora, aseguran que o bufete de abogados do clube de Leiloio, pensan adoptar medidas legais, contra o folclore local.